Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago recibe 2 millóns de euros de fondos europeos para dixitalizar Abastos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago recibe 2 millóns de euros de fondos europeos para dixitalizar Abastos

S. P.
Publicado: 22/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

commarket_abastos_santiago.jpgO Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de comunicar ao Concello compostelán a concesión dunha subvención de case dous millóns de euros para o proxecto Commarket Santiago, co que a concellería de Promoción Económica pretende dinamizar a oferta comercial de Compostela e mellorar a praza de Abastos. Farao mediante iniciativas como un marketplace.
A concelleira María Rozas deu conta este venres 22 de setembro das actuacións incluídas neste programa, que se desenvolverá ata mediados de 2024 e para o que o Concello achegará medio millón de euros de fondos propios. Fíxoo acompañada por Lucía Castro, responsable técnica do departamento de Comercio.
A concelleira de Promoción Económica explicou que o proxecto ten como obxectivo “dinamizar, modernizar e fortalecer o tecido comercial de Santiago, que se enfronta a importantes retos como a escasa adaptación tecnolóxica e dixital, ou a falta de relevo xeracional”. María Rozas explicou que boa parte das accións de Commarket Santiago afectan á praza de Abastos, como por exemplo a reforma das marquesiñas e dos baños e a renovación das portas corredeiras (en fase de licitación).
Ademais, vanse substituír as luminarias e instalarase a rede Wi-Fi do mercado.
Ademais, a praza será unha das beneficiarias do marketplace que se porá en marcha grazas á subvención concedida polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Trátase dunha gran plataforma en liña na que os comerciantes poderán vender os seus produtos e servizos, “de maneira que os vendedores accederán a unha clientela máis ampla e diversa, e os compradores terán ao seu alcance unha maior variedade de produtos locais”. De feito, no proxecto prevese a incorporación das “paisanas” da praza de Abastos neste modelo, para que tamén poidan realizar vendas online.
A entrega dos produtos adquiridos a través do marketplace farase ben a domicilio mediante repartidores, ou ben en puntos de recollida que estarán localizados en diferentes lugares da cidade. Nesta liña, o proxecto prevé a instalación de armarios refrixerados nos que os clientes poderán recoller a súa compra de produtos frescos sen ter que desprazarse ata o mercado, e garantindo a correcta conservación dos alimentos. Para seguir a rastrexabilidade dos produtos, haberá unhas etiquetas dixitais que facilitan o control do stock e a actualización de prezos para a venda online.
A transformación dixital do comercio é un dos obxectivos principais do proxecto Commarket Santiago, e nesa liña unha das accións máis ambiciosas é a creación da Oficina de apoio e transformación dixital +ComercioSCQ. Desde ela, profesionais especializados no sector TIC prestarán asesoramento personalizado aos comercios que o desexen, ao redor de cuestións como a atención ao cliente, a mercadotecnia en liña, a comunicación ou o financiamento. Ademais, prevese impulsar procesos de formación para traballadores e autónomos do sector comercio, co obxectivo de mellorar as súas habilidades dixitais para, ao tempo, mellorar a xestión dos seus negocios.
En canto á promoción do sector comercial, no Commarket Santiago contémplanse accións como o programa O comercio sabe do que fala, que prevé a gravación de pequenos vídeos protagonizados polos propios comerciantes, dándolle continuidade aos vídeo-consellos xa postos en marcha.
As últimas accións incorporadas ao programa Commarket Santiago teñen como obxectivo fomentar unha alimentación saudable baseada na dieta atlántica. Con ese obxectivo porase en marcha unha aplicación móbil que permitirá crear menús semanais ou quincenais personalizados con produtos de tempada. Esta aplicación, que facilitará un receitario propio, podería estar conectada á marketplace, de modo que a persoa usuaria poida facer directamente a compra dos produtos que precisa para a elaboración dos seus menús e recollelos ben na praza de Abastos ou ben nos armarios refrixerados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?