Será o sábado 7 de outubro cando se celebre o Mobile Culture, un encontro interactivo sobre arte, cultura e novas tecnoloxías encamiñado ás e aos profesionais do tecido cultural da cidade e a quen estea interesado no programa do evento, centrado na innovación dixital en termos culturais e artísticos.
A xornada terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña, trátase dunha proposta formativa co-financiada a través do programa europeo Erasmus+, que se levará a cabo na Aula 9 do Ágora en horario de mañá, entre as 10 e as 14 horas. Realizaranse obradoiros formativos sobre: Intelixencia Artificial (IA) aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural e sobre creatividade e innovación.
Cada persoa poderá inscribirse nun dos tres obradoiros previstos, formalizando a súa solicitude a través da páxina web das Bibliotecas Municipais. A pasarela en liña para reservar praza nestas actividades habilitarase a partir das 10 horas do sábado 30 de setembro, e o prazo pecharase ás 10 horas do venres 6 de outubro.
O programa previsto para o Mobile Culture:
– 10 horas: Benvida
– 10.15h: Masterclass Erasmus+
– 10.30h: Boas prácticas dos proxectos europeos
– 11.00h: Presentación do proxecto Cultura Móbil
– 11.30h: Pausa para café e networking
– 12.00h: Obradoiros de Cultura Móbil
O Centro Sociocultural Ágora da Coruña acollerá o encontro interactivo Mobile Culture
Compartir Este Artigo

