Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ITG presenta en Expodrónica unha revolucionaria unidade móbil para operacións con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ITG presenta en Expodrónica unha revolucionaria unidade móbil para operacións con drons

S. P.
Publicado: 25/09/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_ifema_madrid_jor0280.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia presentou este 25 de setembro na feira Expodrónica, que se celebra ata o xoves 28 no IFEMA de Madrid, a que sería, en palabras do ITG, a unidade móbil exclusiva para operacións con vehículos aéreos non tripulados “máis completa e avanzada de España”. O ITG deu a coñecer o seu enxeño no marco da Airspace Integration Wee. A unidade Drone Operations Control Advance Unit (DOC) de ITG permite despregar todo tipo de operacións con vehículos en calquera localización, aínda en áreas sen cobertura. De feito, explica o centro tecnolóxico galego, “podería crear unha rede de comunicacións propia, de forma rápida e eficiente, destacando a xestión e monitoraxe do tráfico de sistemas aéreos non tripulados (U-space) no espazo aéreo próximo”.
Así, este centro de operacións móbil para drons deseñado por ITG, conta co equipamento necesario para levar a cabo operacións en remoto, facilitando todo tipo de actuacións con sistemas aéreos non tripulados ao ofrecer “unha gran flexibilidade e capacidade de adaptación ás diferentes contornas reais e conceptos de operación a validar”, explica o instituto engadindo, que se trata dun vehículo de 6×2,8m adaptado como centro de operacións e oficina móbil que contén os sistemas necesarios para unha despregadura rápida.
itg_ifema_madrid_jor0563.jpgEn palabras de Analía López Fidalgo, directora da División de Sistemas Aéreos Non Tripulados de ITG, “a nosa unidade móbil permite dar mellor soporte tanto aos nosos clientes como ás nosas actividades de investigación e experimentación, coa despregadura de probas de campo moito máis rápidas e eficaces como as que levamos a cabo en Estremadura, Andalucía, Cataluña ou Madrid”.
O centro tecnolóxico galego sinala que o porto de operacións avanzado é “un vehículo singular e diferencial que dispón do equipamento tecnolóxico necesario para o control e operación de drons en diferentes contextos e escenarios, equipamento no que se inclúen sistemas de control de terra de UAS, equipos de radiocomunicacións, equipos informáticos, sistemas de vídeo-vixilancia, equipos multimedia e monitoraxe meteorolóxica en tempo real”.
Ademais, o ITG explica que o deseño interior e as instalacións permiten a aplicación ou incorporación de novo equipamento tecnolóxico que poida ser necesario no futuro. En concreto, a unidade móbil de operacións con drons de ITG dispón un sistema de enerxía autónomo que posibilita o uso de todos os sistemas aproximadamente durante unha xornada de traballo sen necesidade de conexión á rede de subministro eléctrico.
Tamén conta con sistema de comunicacións 5G, radiocomunicacións, sistema audiovisual e unha estación meteorolóxica. No seu interior destaca a estación de control de terra (GCS) formada por dous postos de operación (voo e misión), un posto de taller (asistencia técnica), ademais dun posto adicional para a xestión dos sistemas audiovisuais (con capacidade de gravación, edición, produción, realización e emisión de vídeo en directo). Ademais, dispón dun espazo de carga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?