Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames lanza a cuarta edición do concurso Galetiktokers
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames lanza a cuarta edición do concurso Galetiktokers

S. P.
Publicado: 26/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_presentacion_galetiktokers2.jpgA praza de Chavián, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do concurso Galetiktokers, organizado polos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames. O certame volve co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, incentivar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e dar visibilidade á comunidade galega na rede social TikTok.
A rapazada a partir dos 13 anos poderá participar cos seus vídeos en galego ata o 23 de outubro, solicitando un formulario de inscrición no correo galetiktokers23@gmail.com e devolvéndoo cuberto e asinado xunto coa súa creación audiovisual.
Haberá seis premios de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala prevista para o 10 novembro de 2023.
O certame vén da man dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames poñen en marcha o certame Galetiktokers. “Trátase”, sinalaron, “dunha oportunidade para que a mocidade estimule a súa creación empregando os novos formatos e poñendo en valor a lingua galega”.
As pezas audiovisuais achegadas, que deberán ser creadas seguindo o estilo da rede social TikTok, optan unha vez máis a un total de 1.800 euros, repartidos en seis premios.
Á presentación asistiron o alcalde e concelleiro Normalización Lingüística, Blas García; Carmen Porto, concelleira de Xuventude; Rosa Moreiras e Pili Villaverde, técnicas dos departamentos responsables; e María Rúa Rodríguez, que impartirá dúas xornadas de formación sobre TikTok e creadores galegos nos centros de ensino amesáns; así como representantes da empresa Xurdir.
O alcalde de Ames, Blas García, sinalou que “o obxectivo fundamental é que o noso idioma, a lingua galega, chegue á mocidade, e tamén aproveitar para que ese espírito creador da xente nova que se comparte nas redes sociais, se siga ampliando, tendo a posibilidade de levar algún premio”. O rexedor tamén fixo fincapé en que “as redes, hoxe en día, son unha ferramenta moi importante, nos seus distintos formatos. Eles mesmos deben concienciarse do uso do galego. Moitos/as creadores/as cun número importante de seguidores xa crean en galego, e iso invita e incita a outros mozos e mozas a crear en galego”.
Polo seu lado, a concelleira de Xuventude, Carmen Porto, explicou que “queremos chegar a toda a mocidade e, sobre todo, darlle visibilidade a través das redes sociais ao galego. Dende o Concello animamos á xuventude a participar porque, ademais, contaremos cunha gala na que se lle dará visibilidade a todos os seus vídeos e na que haberá actuación musical”.
A técnicas do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Xuventude, Rosa Moreiras e Pili Villaverde, fixeron un repaso polas bases do concurso e explicaron que o alumnado dos institutos de Ames participará nunha formación para coñecer como traballar de cara a presentarse no concurso. “A tiktokeira Prado Rúa será a encargada de ensinarlles como moverse nas redes, como traballar coa cámara, que tipo de recursos poden empregar… calquera dúbida que poidan ter os mozos e as mozas e que lles dea o empurrón para gravar un vídeo e envialo”, destacou Villaverde.
Moreiras, pola súa banda, resaltou que “ademais de crear, que é o obxectivo fundamental do certame, tamén é moi importante visibilizar e coñecer os nosos creadores. A rapazada poderá explorar todo ese mundo de creación en galego e descubrir todo o que hai por contar”.
María Rúa Rodríguez, @pradorua, que será a presentadora da gala do concurso e a encargada de impartir as charlas nos centros educativos, expuxo que “vou intentar compartir as miñas ferramentas e o meu proceso creativo, e por suposto, animalos a que aproveiten esta oportunidade para facer vídeos e de espallar a nosa lingua”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?