Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana e Abalde exploran vías de colaboración para atraer empresas tecnolóxicas á Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana e Abalde exploran vías de colaboración para atraer empresas tecnolóxicas á Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 26/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidade_das_tic_230926_lorenzana_reunion_rectorudc.jpgA conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse na mañá deste 26 de setembro co reitor da UDC, Julio Abalde, para afondar nos máis recentes avances do proxecto da Cidade das TIC da Coruña (antiga Fabrica de Armas) e explorar vías de colaboración que faciliten a atracción de empresas tecnolóxicas cara a este polo de coñecemento innovador e emprendemento tecnolóxico.
Lembraron que o vindeiro mes inaugurarase o primeiro edificio deste novo completo TIC. Trátase do Centro de Servizos Avanzados, que recibiu unha axuda de 4,8 M€ por parte do IGAPE para ofrecer un espazo con laboratorios de demostración de novas tecnoloxías con aplicación industrial e para albergar ás empresas usuarias destes servizos. “Esta infraestrutura permitirá detectar oportunidades de negocio que dean lugar a novos proxectos e empresas”, sinalaron.
Na reunión, a conselleira e o reitor acordaron seguir explorando posibles canles de colaboración para continuar impulsando esta iniciativa e, especialmente, para facilitar a atracción e implantación de empresas tecnolóxicas na Cidade das TIC. O obxectivo é configurar un polo do sector das TIC e de innovación dixital de referencia tanto a nivel nacional como internacional.
En marcha dende febreiro de 2020
A Cidade das TIC colleu pulo definitivo en febreiro de 2020, coa sinatura da acta de cesión do edificio da Fábrica de Armas da Coruña do Ministerio de Defensa á Universidade da Coruña, o que facilitou que este grande espazo na cidade herculina comezase a súa transformación.
A Cidade das TIC pretende consolidar á cidade da Coruña como un dos polos da innovación en Galicia e España, de xeito que se xeren sinerxías entre a Universidade e as empresas para que o espazo que vén de ser cedido poida acoller a preto de 2.500 profesionais de alta especialización no sector TIC.
Este proxecto quere concentrar centros docentes, empresas e Administración para gañar forza dabondo para producir máis beneficios, atraer máis compañías, reter talento e, en definitiva, contribuír ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e primeiro nivel en Galicia.
A transformación deste espazo físico de 35.000 metros cadrados é todo un reto, xa que supón a rehabilitación de 17 edificios e a construción de 2 bloques novos; sendo preciso tamén adaptar accesos peonís, crear unha zona verde, e adecuar as comunicacións co resto da cidade, para o que será preciso un grande investimento.
A Cidade das TIC é un proxecto impulsado pola Universidade da Coruña que tamén conta co pulo do Concello, a Deputación da Coruña, a Xunta ou o Clúster TIC Galicia, entre outras entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?