Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta abre en Vigo un centro de formación tecnolóxica do profesorado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta abre en Vigo un centro de formación tecnolóxica do profesorado

S. P.
Publicado: 27/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

centro_de_formacion_profesorado_inclusivo_roman_rodriguez_vigo.jpgA Xunta de Galicia abriu esta mañá en Vigo un novo Centro de Formación e Recursos (CFR) para a actualización e formación permanente do profesorado, dotado coas ferramentas tecnolóxicas precisas para formar aos docentes “fronte aos desafíos educativos presentes e futuros”. Así o sinalou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na inauguración das novas instalacións situadas no edificio anexo do Colexio CEIP Virxe do Rocío, nun acto onde estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz.
Na súa intervención, Román Rodríguez dixo que o novo CFR de Vigo “vai ser unha peza clave no desenvolvemento do Plan Anual de Formación do Profesorado para o presente curso 2023-24, que conta cun investimento récord de 9M€ para o desenvolvemento de 5.800 accións formativas enfocadas á dixitalización, á innovación e á convivencia como liñas prioritarias”.
Tamén dixo que coa súa posta en marcha, o Goberno galego dá resposta ás demandas do profesorado de contar cun espazo axeitado, xa que ata o momento, e de xeito provisional, o centro realizaba as súas actividades no Colexio CEIP Plurilingüe O Sello.
A Consellería de Educación investiu un total de 400.000 euros na adaptación destas novas instalacións no edificio anexo do Colexio Virxe do Rocío. Trátase dun espazo de 3.000m² distribuídos en tres plantas, adaptadas ás directrices tanto de innovación como de sostibilidade marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
De feito, o novo CFR conta cunha réplica dunha aula E-Dixgal e un Polo Creativo, dotadas con todo o equipamento. Tamén dispón dun salón de actos con capacidade para 100 persoas e seis aulas de formación que suman unha capacidade máxima de 400 persoas. O edificio complétase con espazos de administración e despachos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?