Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula Municipal TIC de Ames programa novos cursos de informática nas parroquias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula Municipal TIC de Ames programa novos cursos de informática nas parroquias

S. P.
Publicado: 27/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_cartaz_dos_cursos_de_informatica_no_rural.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) de Ames presentou os novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural. Celebraranse os meses de outubro, novembro e decembro nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que é de balde, inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas horas, un día á semana. As inscricións deben facerse chamando aos números de teléfono 615 401 264 ou 626 540 755. As prazas son limitadas, e diríxense a persoas con coñecementos básicos de informática.
As formacións teñen como obxectivo o achegamento da veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
O alcalde, Blas García, destacou a importancia de impartir cursos de informática no rural “para que toda a poboación teña acceso a coñecementos moi necesarios na vida cotiá actual”.
O temario destes cursos abarca a navegación por Internet (busca en liña e navegación segura), o uso do correo electrónico (creación de contas e envío de correos) a introdución a Windows, a utilización de Office en liña, o uso de imaxes, a impresión de documentos, a introdución á folla de cálculo (formato de celas e gráficos básicos) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos…).
As actividades desenvolveransenos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. Os luns, o curso terá lugar en Agrón (de 16:15 a 18:15 horas) e en Trasmonte (de 19:00 a 21:00 horas). Os martes, será a quenda de Bugallido (tamén en horario de 16:15 a 18:15 horas) e de Biduído (de 19:00 a 21:00 horas). En Augapesada e Covas a formación desenvolverase os mércores (de 16:15 a 18:15 e de 19:00 a 21:00 horas), respectivamente. O xoves as clases serán en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas) e na Ameixenda (de 19:00 a 21:00 horas). Para rematar, os venres desenvolverase no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
Os/as interesados/as en anotarse poden facelo chamando aos teléfonos 615 401 264 ou 626 540 755. Requírese que os/as participantes conten con coñecementos básicos de informática.
Os cursos, que son gratuítos, darán comezo a semana do 16 de outubro, e terán unha duración de 25 horas en total. Hai prazas limitadas, e a cota máxima por cada grupo será de 10 alumnos/as

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?