Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rede Aberta chega coa fibra óptica ultrarrápida ata o faro de Fisterra e a 200.000 vivendas e empresas do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rede Aberta chega coa fibra óptica ultrarrápida ata o faro de Fisterra e a 200.000 vivendas e empresas do rural

S. P.
Publicado: 29/09/2023
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

O faro de Fisterra nunha imaxe do Concello de Fisterra
O faro de Fisterra nunha imaxe do Concello de Fisterra
Rede Aberta, empresa de rede neutra en Galicia, inaugurou este venres 29 de setembro o acceso do faro de Fisterra (Fisterra, A Coruña) a Internet mediante fibra óptica de 1 Gbps, en palabras da empresa “un fito que simboliza a nosa capacidade para conectar os lugares máis recónditos do rural de Galicia a velocidades idénticas ás que se dispoñen nas cidades”. Asi se expresou o director executivo de Rede Aberta, Pere Antentas, quen sinalou que “a fibra óptica é unha infraestrutura de comunicación esencial na era da dixitalización e que, ata hai pouco, pensábase que era só para as grandes cidades e as contornas urbanas”.
Pere Antentas, CEO de Rede Aberta
Pere Antentas, CEO de Rede Aberta
Na súa intervención no evento Conectados ata o fin do mundo con fibra óptica celebrado nas inmediacións do faro, Antentas lembrou que Rede Aberta é unha empresa que naceu hai tres anos e neste período esforzouse en facer posible que “case a totalidade dos galegos tivesen acceso a unha conexión ultrarrápida e segura, como a que achega a nosa fibra óptica”.
Así, destacou que na actualidade conta con 200.000 unidades inmobiliarias instaladas en 86 municipios do rural de Galicia, para o que tivo que despregar máis de 4 millóns de metros de cable de fibra. Un crecemento que se viu avalado recentemente por Allianz Global Investors, que “vén de apoiarnos cun financiamento de 50 millóns de euros, o que significa para nós o respaldo do mercado, que aposta e aproba o noso proxecto”, agregou.
Pere Antentas sinalou que a compañía continuará cos “esforzos” para poñer a tecnoloxía máis avanzada ao servizo das empresas de Galicia e, en especial, con aquelas que están asentadas no ámbito rural. “Podemos anunciarlles que alcanzamos un acordo de colaboración con Huawei, un dos nosos provedores tecnolóxicos, para poñer en marcha un proxecto piloto de desenvolvemento da nova tecnoloxía 50G-PON, que supón multiplicar por 50 a velocidade dun 1Gbps que se ofrece na actualidade”, explicou.
Segundo engadiu o CEO de Rede Aberta, trátase “dunha iniciativa pioneira na Unión Europea e inaugurarémolo no primeiro cuadrimestre de 2024”. O proxecto terá a base en Santiago de Compostela, onde se instalará o polo de empresas biotecnolóxicas, e desde o que se ofrecerán tamén servizos a hubs industriais e ás empresas asentadas nas contornas rurais próximas á capital de Galicia”.
De esquera a dereita,  Carles Paradeda, director financiero de Rede Aberta, Pere Antentas, CEO de Rede Aberta, Aurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, Maria Rivas, subdelegada do Gobierno na Coruña e Julian Cerviño, director de AMTEGA
De esquera a dereita, Carles Paradeda, director financiero de Rede Aberta, Pere Antentas, CEO de Rede Aberta, Aurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, Maria Rivas, subdelegada do Gobierno na Coruña e Julian Cerviño, director de AMTEGA
Antentas lembrou tamén que Rede Aberta foi “pioneira en despregar a tecnoloxía XGS-PON no rural de Galicia”, coa inauguración do servizo hai un ano na Ribeira Sacra, e seguirá “esforzándose” para “anticipar as necesidades” que terán as empresas, xa que se prevé un crecemento do 37% anual a demanda de datos. En concreto, “multiplicarase por 9 de aquí a 2030”, apuntou, engadindo que a compañía “traballa de xeito conxunto con outros socios” para crear “os CPD,s do Camino”, unha rede de centros de procesamento de datos en Galicia, para dar respostas ás empresas, que “demandan centros que acheguen autonomía de xestión, sen rupturas de servizos e afastados dos vaivéns da xeopolítica”.
Antentas agradeceu a presenza do director da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Julián Cerviño; a subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas; e a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez. “A colaboración de todas as administracións, de todo o equipo de Rede Aberta e dos máis de 250 persoas das empresas colaboradoras, fai posible que sexa unha realidade acabar coa fenda dixital do rural”, subliñou.
Ademais, destacou que Rede Aberta, adxudicataria para a realización do Plan Único do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital na provincia da Coruña, xa executou un terzo das 36.550 unidades previstas, polo que lle permite “ter confianza” en chegar ao 100% antes de finais de 2024. “Esperamos proseguir co Plan Único 2023 en Pontevedra, se gañamos o concurso ao que nos presentamos”, engadiu.
Acordo con R
Finalmente, o CEO de Rede Aberta agradeceu a achega dos operadores de telecomunicacións locais de Galicia que contribuíron ao espallamento da fibra polo rural. “Axudáronnos a despregar a fibra nos recunchos máis remotos. Eles teñen a capilaridade final do territorio, son os nosos ollos no rural. Sen eles non estariamos aquí”, apuntou.
Ademais, anunciou que a esta rede sumouse R e o grupo Máis Móbil como cliente, “un fito un fito importante, porque é a confirmación que somos un operador neutro que facemos ben as cousas. R é o operador de referencia en Galicia e unha marca moi querida na nosa terra”, concluíu.
Julián Cerviño aposta por un territorio plenamente conectado con infraestruturas de calidade
Julián Cerviño, director de AMTEGA, participou tamén na presentación, lembrando que “a despregadura de redes de telecomunicacións en Galicia debe ter en conta as singularidades territoriais”. Referiuse, en concreto, “ao alto nivel de dispersión nunha Comunidade que concentra máis da metade dos núcleos de poboación de toda España; así como aos retos relacionados coas dificultades de acceso a determinadas zonas”.
E engadiu: “Dispoñer dun territorio plenamente conectado con infraestruturas de calidade é un paso imprescindible para os obxectivos da EGD2030 de configurar un territorio intelixente a partir do uso de tecnoloxías innovadoras en ámbitos como os sectores primarios, as infraestruturas e a calidade de vida no rural ou a mobilidade e transporte”.
Cerviño fixo un repaso dos resultados das dúas axendas dixitais que desenvolveu a Xunta entre 2009 e 2020, como a posta en marcha de dous plans de banda larga, a extensión da telefonía móbil ou o plan 5G.
O director da Axencia galega referiuse “ao grao de madurez dixital alcanzado por Galicia”, que se sitúa 23,8 puntos por enriba da media das rexións de Europa.
Por último, referiuse á importancia da consolidación de empresas galegas como Rede Aberta, que contribúen a acadar o obxectivo da EGD2030 de especialización tecnolóxica de Galicia a través da creación, retención e atracción de talento dixital e á implantación dun sector TIC sólido e en crecemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?