Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acolleu a presentación dunha guía STEM para docentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acolleu a presentación dunha guía STEM para docentes

S. P.
Publicado: 29/09/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

stem-3.jpgO Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acolleu este mediodía a presentación dos resultados do proxecto europeo Erasmus+ STEM is inspiring future careers que lidera a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Laura Castro Santos. Esta iniciativa deu como resultado, entre outros recursos, unha guía STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) para docentes.
Segundo se fixo saber na presentación, no proxecto colaborou o profesorado dos centros de ensino secundario Antalya Il Milli Egitim Mudurlugu e Europe Route Education Youth Sports and Culture Association de Turquía, do colexio G.G. Eurosuccess Consulting Limited de Chipre e do CPR Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos (A Coruña).
Logo de máis de 22 meses de traballo, os integrantes presentan unha guía STEM dirixida ao profesorado de Secundaria que pretende potenciar o entusiasmo do alumnado mellorando así as súas habilidades no eido das Ciencias, da Tecnoloxía, da Enxeñaría e das Matemáticas. A guía consta dun total de catro capítulos. O primeiro deles céntrase no método de ensinanza e aprendizaxe STEM a través de situacións da vida real. O segundo destaca as habilidades científicas que deben deter os estudantes, o terceiro salienta o uso eficiente das novas tecnoloxías e o cuarto capítulo recalca a necesidade dunha colaboración transnacional para estimular o coñecemento STEM nos centros educativos de Secundaria. A isto hai que sumarlle as 30 guías docentes que o grupo de traballo elaborou para a posta en marcha de actividades nos eidos das enerxías renovables, da hidrodinámica de arrecifes artificiais, da enxeñaría de materiais ou da economía.
A profesora da Universidade da Coruña, Laura Castro Santos, lidera un proxecto europeo no que tamén colaboraron os profesores da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Almudena Filgueira Vizoso, Ana Isabel García Díez, Manuel Ángel Graña López, María Isabel Lamas Galdo e Luis Carral Couce, así como os profesores da Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviña (A Coruña), Félix Puime Guillén, Lucía Boedo Vilabella, Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Álvarez García e María Dolores Lagoa Varela.
O proxecto STEM is inspiring future careers está financiado pola Unión Europea a través do Programa Erasmus+ e conta un orzamento total de 152.395 euros. A Universidade da Coruña dispuxo de 19.820 euros para formar ao profesorado nas metodoloxías STEM, elaborar unha guía de traballo dirixida ao profesorado de secundaria e deseñar guías docentes para fomentar o STEM nos centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?