Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma Innopharma (USC) incrementa as súas capacidades grazas a unha achega de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma Innopharma (USC) incrementa as súas capacidades grazas a unha achega de GAIN

S. P.
Publicado: 29/09/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

innopharma_plataforma_presentacion.jpgA plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, liderada dende o CiMUS da USC polos investigadores Mabel Loza e Ángel Carracedo, incrementou a súa capacidade e competitividade internacional logo da dotación de cinco millóns realizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia nos últimos tres anos a través do Fondo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
“Con este financiamento, Innopharma poderá continuar cumprindo co seu obxectivo de contribuír a que novos fármacos cheguen a pacientes, ofrecendo aos grupos de investigación biomédica do Sistema Universitario Galego e dos Institutos de Investigación Sanitaria, así como á comunidade científica en xeral o seu apoio na xeración de produto e servizos orientados á saúde”, indicou Mabel Loza durante o acto de presentación desta ampliación, celebrado este venres 29 de setembro. A xornada celebrouse nun encontro presidido pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e na que tamén interviñeron a directora de GAIN, Patricia Argerey; o representante da empresa ABAC Therapeutics, Domingo Gargallo, e os coordinadores do proxecto, Ángel Carracedo e Mabel Loza.
Segundo explicaron, o financiamento recibido “permitirá adquirir e actualizar o equipamento científico-técnico do proxecto; contratar persoal especializado no manexo das novas tecnoloxías e acondicionar as instalacións ao novo equipamento”.
Loza e Carracedo fixeron saber que os fondos recibidos permiten ampliar as metodoloxías e tecnoloxías automatizadas compatibles con tratamento por Big Data (análise de información a gran escala), coa finalidade “de aumentar a capacidade do sistema de I+D+i galego para o descubrimento temperá e desenvolvemento de fármacos en Galicia, así como fornecer o sistema sanitario galego con dotacións necesarias para acelerar estes procesos”.
Esta plataforma ERIC de farmaco-xenómica da USC permite a captación de proxectos internacionais e desempeña un papel relevante no desenvolvemento de tecnoloxías traslacionais automatizadas con infraestruturas de investigación de vangarda.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?