Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A perda de talento investigador centrou un debate da RAGC enmarcado na G-Night
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A perda de talento investigador centrou un debate da RAGC enmarcado na G-Night

S. P.
Publicado: 29/09/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

gnight_ragc_5.jpgNo marco das celebracións da Noite Galega das Persoas Investigadoras 2023 (G-Night), a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) promoveu esta tarde un coloquio-debate baixo o título O meu futuro nunha carreira investigadora? Celebrouse no CiQUS da USC e reuniu a investigadores mozos e sénior da Universidade de Santiago, que debateron sobre os retos, atrancos e oportunidades que presenta a investigación na nosa comunidade.
Participaron o profesor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e académico da RAGC; Pablo Taboada, director da Escola de Doutoramento da USC; Alberte Regueira, axudante doutor de Enxeñaría Química; Andrea Núñez, investigadora de Filosofía; Stefania Barca, investigadora de Historia Contemporánea; e Javier Dubert, investigador de Microbioloxía e vogal de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación.
A encargada de presentar e moderar o debate foi María Loureiro, catedrática de Fundamentos da Análise Económica da USC e académica da RAGC, coordinadora desta iniciativa. Segundo salientou a profesora Loureiro, “resulta moi enriquecedor achegármonos ás experiencias individuais e persoais de investigadores e investigadoras en distintos campos do coñecemento e con distintas vías de entrada na carreira investigadora”.
Pablo Taboada, director da Escola de Doutoramento da Universidade de Santiago, indicou que “o nivel da investigación na nosa comunidade é moi alto, pero os mozos estanse a atopar con moitas dificultades para realizar a súa formación posdoutoral no estranxeiro, enriquecerse con outras experiencias e logo reverter os seus coñecementos de novo en Galicia. As Administracións Públicas non lles ofrecen o apoio que precisan para dar eses pasos. Temos investigadores de moitísimo talento traballando noutros puntos de España, Europa ou nos Estados Unidos que non dispoñen dos mecanismos nin do financiamento necesarios para regresar, xa que as universidades presentan importantes restricións contratuais -porque dependen da Lei de Administración Pública- e os seus orzamentos dependen do financiamento autonómico”. Manifestou ademais que a oferta da Xunta de Galicia para realizar estadías posdoutorais no estranxeiro son moi reducidas fronte ao número de solicitantes, ao tempo que a convocatoria estatal xa desapareceu, o cal “xera importantes atrancos para que os mozos poidan seguir formándose unha vez realizada a súa tese de doutoramento”.
E engadiu: “En Galicia increméntase a produtividade científica e o seu impacto no tecido socioeconómico tanto galego como nacional. Ademais dos sénior, temos mozos e mozas referentes nos seus eidos de coñecemento, en moitos casos a un nivel por riba da media nacional como é nos eidos da biomedicina, farmacia e farmacoloxía, lingüística computacional, Intelixencia Artificial… Pero se desde o goberno das universidades e das administracións públicas non se apoia coas medidas oportunas, corremos o risco de perpetuar problemas endémicos como a perda de talento ou a falta de rexeneración do persoal investigador”.
O director da Escola de Doutoramento da USC remarcou que “na Universidade de Santiago deféndense máis de 300 teses de doutoramento cada curso, algúns estudantes conseguen contratos posdoutorais pero a maioría vense abocados a cambiar a súa traxectoria profesional. Son moitos os rapaces e rapazas cunha formación e uns coñecementos extraordinarios que queren seguir unha carreira investigadora, non obstante, non hai o financiamento nin os instrumentos axeitados que o fagan posible”.
Pola súa parte, Javier Dubert, investigador de Microbioloxía da Universidade de Santiago e vogal de InvestiGal – Rede Galega pola Investigación, sinalou que existe unha visión moi negativa da carreira investigadora. “Eu xa pasei por todas as etapas e penso que cómpre afrontala como unha planificación e con positivismo. É unha carreira de obstáculos, que implica moitos anos de esforzo e manterse é complicado, pero resulta moi bonita e satisfactoria”. Tamén indicou que “ao alumnado universitario débeselle informar de como é a súa carreira desde o principio, para que poida planificarse de cara a conseguir os seus obxectivos. Porque non saben o que implica facer unha tese de doutoramento nin cal é a realidade da carreira investigadora, o que deriva en problemas de ansiedade”.
“En España, coa crise económica, houbo moitos recortes en investigación e, como consecuencia, a competitividade é enorme. Os contratos son curtos e esta inestabilidade laboral supón un estrés engadido ao traballo diario. Son etapas que hai que pasar pero con esforzo conséguese. Estou convencido de que se pode facer unha carreira investigadora e vivir da investigación”, apuntou Dubert.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?