Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Suárez, presidente dos Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Suárez, presidente dos Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática de España

S. P.
Publicado: 02/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG
Fernando Suárez, presidente do CPEIG
O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática de España vén de anunciar quen será o presidente do CCII durante os próximos catro anos, trátase do galego Fernando Suárez, quen salientou nas eleccións á xunta de goberno do Consello Xeral dos ditos Colexios. Así, logo da asemblea extraordinaria celebrada o sábado 30 de setembro na sede da Real Academia de Enxeñaría, a candidatura de Suárez impúxose por unha ampla maioría.
Suárez, natural de Ferrol, é licenciado en Informática pola Universidade da Coruña e foi o presidente do CCII durante os últimos catro anos. Con anterioridade fora o vicepresidente. Tamén ocupa o cargo de director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense. Asemade, é o actual presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Na candidatura, acompañando a Fernando Suárez, atópanse representantes do groso dos Colexios Autonómicos: Juan Pablo Peñarrubia (COIICV) continuará como vicepresidente primeiro, mentres que Karina Gibert (COEINF) será a vicepresidenta segunda. José García Fanjul (COIIPA) repite como secretario; Ambrosio Rodríguez (COIICLM) será vicesecretario e Jacinto Canles (CPIICyL) será o tesoureiro. Como vogais, nesta Xunta de Goberno, atópanse: Ignacio Lasheras (CPIIR),Eugenio Picón (CPIICM), Álvaro do Álamo (COIICAN), Virginio García (CPIIRM), JuanArrúe (COIIE) e Alejandro Blasco (COIICV). Os vogais suplentes serán Irene Cid (COIIPA), Francisco Javier Rodríguez (CPEIG), Nuria Castell (COEINF), Juan Turmo (CPIIAR), Juana Perea (COEIB) e Juan Jambrina (CPIICyL).
Suárez subliña como grandes logros acadados ao longo do últimos catro anos de mandato: “a creación dos Premios Nacionais de Enxeñaría Informática, a creación dunha comisión bilateral coa Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial para avanzar na regulación da profesión ou ser unha voz cada vez máis presente e autorizada en medios de comunicación en materia de tecnoloxía”.
Outro dos puntos fortes foi a presenza nas institucións e os acordos con distintas organizacións. “Despois de moitos anos de reivindicacións e traballo, fomos capaces de ter unha praza no Consello Asesor de Transformación Dixital da SEDIA, e que tamén seremos claves na futura Axencia Europea de Supervisión da Intelixencia Artificial. Logramos acordos coa AEPD, INCIBE, UNE… moitas organizacións que potencian o valor da profesión e a capacidade dos nosos profesionais”, expón Suárez.
De cara a este novos catro anos á fronte do CCII, desde a nova Xunta de Goberno buscarase a creación do Consello de decanos-presidentes, o impulso da figura de “colaborador nacional da Xunta de Goberno CCII” ou o mantemento e reforzo das áreas de traballo en distintos ámbitos como a regulación, as relacións institucionais ou a ética profesional.
No caso galego, un dos grandes retos é “contar con presenza feminina con Karina Gibert como vicepresidenta e con mulleres como Juana Perea -presidenta do Grupo de Mulleres en Enxeñaría Informática-, Nuria Castell ou Irene Cid”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?