Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lara Méndez entrega os diplomas do obradoiro de emprego TIC desenvolvido en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lara Méndez entrega os diplomas do obradoiro de emprego TIC desenvolvido en Lugo

S. P.
Publicado: 03/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clausura_do_obradoiro_lugo_sostible_5_1.jpgA alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, participou o pasado venres 29 de setembro na clausura do obradoiro dual de emprego Lugo Sostible 5.0, que acolleron as instalacións municipais do CEI Nodus.
A rexedora fixo entrega dos diplomas e felicitou aos 17 alumnos e alumnas que completaron a súa formación no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), a mercadotecnia e a comunicación, “áreas cunha elevada demanda de profesionais”, sinalou, lembrando que o obxectivo do obradoiro foi “mellorar a ocupabilidade de persoas que se atopaban desempregadas, a través da cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral, ao tempo que se dotou ás e aos participantes de coñecementos e destrezas profesionais adaptadas ás necesidades do mercado actual”.
O obradoiro, que se desenvolveu durante o último ano, contou con tres especialidades formativas: Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web; Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos; e Xestión de mercadotecnia e relacións públicas.
A alcaldesa destacou que “ao tempo que recibiron formación nestes eidos, os e as participantes desenvolveron un intenso traballo para poñer en valor e promocionar a cidade sustentable que somos, con ferramentas dixitais e contidos multimedia interactivos e audiovisuais”.
Pola súa banda, Mauricio Repetto lembrou que o alumnado, de entre 26 e 69 anos, estivo retribuído co salario mínimo interprofesional. “Agora, trala finalización do obradoiro recibirán un certificado de profesionalidade de Nivel 3, que garante que se atopan en condición de incorporarse ao mercado laboral para ocupar postos de traballo vencellados coa imaxe, a edición dixital, o desenvolvemento de aplicacións multimedia, o desenvolvemento de aplicacións web, a xestión de eventos promocionais, deseño de estratexias de mercadotecnia, etc.”, explicou.
Para facilitar esta incorporación ao mercado, o Concello puxo en marcha incentivos para a contratación do alumnado en empresas do municipio, a través de axudas de 1.500 euros financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego. Grazas a estes incentivos xa se facilitou a inserción laboral de 2 alumnos nunha empresa afincada no polígono do Ceao.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?