Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e CLUSAGA abren o prazo para presentar proxectos á aceleradora BFood, sexta edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e CLUSAGA abren o prazo para presentar proxectos á aceleradora BFood, sexta edición

S. P.
Publicado: 03/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bfood_gain.jpgA iniciativa Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), vén de abrir o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa VI edición. O proceso de recepción de candidaturas pechará o 15 de novembro ás 14.00 horas.
Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse ata 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais coma internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria galega, boa parte deles tecnolóxicos e disruptivos.
BFFood ten impulsado, ao longo das súas cinco edicións previas, 61 proxectos das 288 candidaturas recibidas, tanto desde España coma desde fóra do continente europeo. Nesta nova edición escollerá ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración e ata seis para o de consolidación.
BFFood está xestionada por un consorcio liderado por CLUSAGA que, ademais, conta coa participación das tres universidades galegas, AGACA, ANFACO CECOPESCA e FEUGA no seu comité técnico. A actividade da aceleradora de emprendemento, posta en marcha en 2019, permitiu a creación de 26 novas compañías e a xeración de 200 empregos cualificados.
As startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora poden presentar a súa candidatura a unha das dúas modalidades de BFFood.
A modalidade de aceleración, de nove meses de duración, ofrece apoio integral e especializado no sector alimentario para iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo un produto ou servizo mínimo viable e esbozando un modelo de negocio, e non teñan máis de cinco anos de antigüidade.
A modalidade de consolidación, de doce meses de duración, ofrece apoio integral e especializado no sector alimentario para empresas xa constituídas, cun produto ou servizo definido e aliñado con algún dos retos do sector, e cuxa antigüidade sexa de máximo sete anos.
Para ambas modalidades, BFFood ofrece adestramento (coaching), formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoring dos líderes do sector, financiamento directo e acceso a investimento, así como a unha rede de netoworking no ecosistema de innovación alimentario.
Retos propostos
BFFood busca impulsar e consolidar aqueles proxectos innovadores que dean resposta aos principais retos propostos polas empresas do sector da alimentación: dixitalización e automatización; rastrexabilidade (trazababilidade), calidade e seguridade alimentaria; loxística; sustentabilidade; desenvolvemento de novos produtos; e innovación de procesos e comercialización.
Os proxectos seleccionados na sexta edición de BFFood disporán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, os proxectos do programa de aceleración poderán acceder a un financiamento de 25.000€ a fondo perdido por parte de GAIN, así como a un préstamo participativo de ata un máximo de 50.000€ a través de XesGalicia. Os proxectos do programa de consolidación poderán acceder a un préstamo participativo que podería implicar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.
Cada proxecto seleccionado contará cun ou máis mentores específicos, pertencentes a unha das empresas tractoras de BFFood. Estas ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa resolución do reto.
Nesta VI edición, as empresas mentoras de BFFood son Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Clavo Food Factory, CEAMSA, CONGALSA, CLUN, Gadis, Galacteum, Kiwi Atlántico, ALS Laber, DS Smith, Grupo Lence, Grupo Pereira, Larsa, Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez, Viña Costeira, Vegalsa, Casa Grande de Xanceda e Hijos de Rivera.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?