Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novas convocatorias dos Clubs de Lectura, de Radio na Biblio e de Biblioteca Creativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novas convocatorias dos Clubs de Lectura, de Radio na Biblio e de Biblioteca Creativa

S. P.
Publicado: 03/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bibliotecas_escolares_club_de_lectura-2.jpgA excelencia das bibliotecas escolares galegas acaba de ser avalada con 11 dos 41 premios nacionais aos Clubs de Lectura correspondentes ao curso 2022/23, case o 27% do total. Estes galardóns teñen o obxectivo recoñecer o potencial destes grupos como elemento destacado para o fomento da lectura entre os membros da comunidade educativa e o seu papel como factor dinamizador das actividades da biblioteca escolar. Ademais, a Xunta publicou a nova convocatoria dos Clubs de Lectura, de Radio na Biblio, de Biblioteca Creativa e de Lectura e Familias.
A relación de centros galegos recoñecidos, divididos en dúas modalidades (a A para centros de Primaria e a B para o resto) é a seguinte:
Primeiro premio para o CEIP de Curtis (modalidade A de concellos de menos de 5.000 hab)
Segundo premio para o IES de Brión (modalidade B de concellos de máis de 5.000 hab)
Segundo premio para o IES de Quiroga (modalidade B de concellos de menos de 5.000 hab)
Segundo premio para o CEIP Manuel Sueiro (Ourense), na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes
Segundo premio para o Centro de Promoción de Adultos Nelson Mandela (A Lama, Pontevedra), na modalidade B de concellos de menos de 5.000 habitantes.
Terceiro premio para o CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.
Terceiro premio para o IES Espiñeira de Boiro, na modalidade B de concellos de máis de 5.000 habitantes.
Terceiro premio para o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes
Terceiro premio para o CPR Nosa Señora do Carme de Fisterra, na modalidade B de concellos de menos de 5.000 habitantes.
Terceiro premio para o CEIP Montemogos de Bueu, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.
Terceiro premio para o CEIP As Bizocas do Grove, na modalidade A de concellos de máis de 5.000 habitantes.
Seguindo co capítulo de fitos formativos e culturais galegos, este martes 3 de outubro a Xunta publicou a nova convocatoria dos Clubs de Lectura e doutros tres dos programas máis destacados dentro da folla de ruta neste eido, o Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe). Son, en concreto, a de Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 17 de outubro.
Está previsto que este curso funcionen en Galicia un total de 450 Clubs de Lectura, coa incorporación de 49 novos. Valoraranse especialmente aquelas iniciativas destinadas a impulsar a lectura de textos en lingua galega e que busquen contribuír a un maior vínculo do alumnado coa lingua e a literatura galegas. Da mesma forma, puntúanse especialmente aquelas iniciativas destinadas a fomentar a diversidade na participación nos grupos de lectura, tanto por parte do alumnado coma do resto da comunidade educativa.
No caso de Radio na Biblio, está previsto incorporar 30 centros a esta iniciativa, que se sumarán aos 167 xa participantes. Este programa ten por obxecto desenvolver o modelo de biblioteca cara centros creativos de aprendizaxes e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio co fin de favorecer proxectos de educación das competencias informacionais e mediáticas do alumnado.
Pola súa banda, Biblioteca Creativa busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través da creación e a experimentación. Trabállase a prol de ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado. A previsión é de seleccionar 25 novos centros, que se sumarían aos 148 integrados en convocatorias precedentes.
O programa Lectura e familias conta xa coa participación de 94 centros, aos que está previsto sumar 25 máis na nova convocatoria. A través desta iniciativa deséñanse iniciativas que favorecen a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, como experiencias de lectura ou de traballo coa información e medios de comunicación, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?