Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnolóxica viguesa Centum R&T doa equipos á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnolóxica viguesa Centum R&T doa equipos á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

S. P.
Publicado: 04/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

doazon_uvigo_centun.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación incrementou este martes 3 de outubro a súa dispoñibilidade de equipos de última xeración grazas a unha doazón de material realizada pola empresa tecnolóxica viguesa Centum Research and Technology, fundada no 2010 por persoas egresadas da escola e que conta na actualidade, no se equipo, con medio cento de profesionais altamente cualificados. O seu cometido é o deseño, o desenvolvemento e a comercialización de sistemas aeronáuticos de misión para os mercados de emerxencias, seguridade, defensa e aeroespacial.
A entrega do material, un sistema completo de radio definida por software valorado en 70.000 euros, formalizouse na sala de xuntas da escola e nela coincidiron o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a directora da escola, Rebeca Díaz; o responsable da empresa, Héctor Estévez; a subdirectora de Infraestruturas da EET, Verónica Santalla, e a encargada de Recursos Humanos de Centum, Carmen Prego. Todos coincidiron en subliñar “a gran vantaxe que suporá para o alumnado da escola poder contar con sistemas de electrónica de comunicación moi avanzados baseados nas últimas tecnoloxías dispoñibles no mercado”.
Reigosa comentou que “para nós como Universidade é un orgullo que un equipamento tan específico e tan na crista da ola coma estes estean deseñados aquí en Vigo por profesionais que se formaron nas nosas aulas”. Pola súa banda, Héctor Estévez comentou que “o obxectivo da doazón é contribuír a seguir mellorando a ensinanza dos novos alumnos e alumnas”.
A maiores, a directora da escola, Rebeca Díaz, agradeceu a doazón deste equipamento, “algo que non é habitual, especialmente no noso ámbito” e remarcou a estreita relación que mantén o centro co tecido empresarial. “A relación con Centun R&T é un exemplo: unha empresa do sector, fundada por persoas egresadas da EET e cun obxectivo social claro: dar soporte técnico en operativas de rescate de persoas, vixilancia de montes, comunicacións en situacións de emerxencia, etc., aplicando solucións de deseño propio que son consecuencia do labor de investigación e innovación da empresa”, explicou Díaz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?