Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo participará nunha cátedra para a análise do proceso de dixitalización das televisións autónomicas europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo participará nunha cátedra para a análise do proceso de dixitalización das televisións autónomicas europeas

S. P.
Publicado: 05/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

circom3.jpgA Cátedra Circom-UVigo, cuxa creación era asinada este mércores 4 de outubro, pola Universidade de Vigo e Circom Regional, a asociación internacional de profesionais que traballan no eido dos medios audiovisuais públicos rexionais en Europa, nace coa vontade de analizar o proceso de dixitalización das televisións rexionais.
Dicir que nesta cátedra estará presente o profesor da Facultade de Comunicación José Rúas, que xunto cun equipo de investigación do centro, se encargarán de realizar un estudo cualitativo e mapeo que permita coñecer as tendencias en innovación e adaptación á transformación dixital nas televisións públicas rexionais europeas. Tamén tratarán outros temas como a loita contra a desinformación a nivel local e rexional e a preservación da lingua, a cultura, a diversidade e a conexión emocional entre medios e audiencia nun contexto de proximidade.
No acto de sinatura celebrado este mércores 4 de outubro participaron o reitor, Manuel Reigosa, xunto con Fernando R. Ojea, director de contidos da CRTVG e actual secretario xeral de Circom Rexional, que reúne 250 canles e centros de produción rexionais de 29 países europeos.
O grupo Circom considera unha vantaxe “ter un socio como a Universidade de Vigo que nos permita coñecer a realidade de cada caso e compartir información sobre transformación dixital e transformación interna nas redaccións e nas organizacións dos medios”. O director académico da cátedra, José Rúas, salinetou o feito de que a UVigo sexa a primeira universidade europea en asinar un convenio destas características coa rede Circom, na que están varias entidades españolas, como Telemadrid, a EITB ou a CRTVG. Sobre esta última, Rúas quixo subliñar a súa “boa disposición e axuda para acadar este acordo” e sinalou o feito de que a cátedra contará con investigadores vencellados ás tres universidades galegas, amais da Carlos III de Madrid, da Central European University de Viena e da Universidade de Primorska, en Eslovenia, na que imparte docencia Zoran Medved, o project manager desta cátedra e directivo da RTV eslovena.
Emporiso, a cátedra ten unha dobre finalidade: por unha banda, estudaranse os procesos de innovación e dixitalización nas redes de radio e televisión rexionais europeas da rede Circom. Ou sexa, investigar a innovación tecnolóxica, identificar as necesidades actuais do sector audiovisual e os perfís profesionais demandados nos medios e coñecer os procesos de produción de contidos baseados na difusión en redes sociais e plataformas. Para a elaboración desta radiografía realizarase un estudo en dúas ondas, a primeira en 2023 e a segunda en 2024, e a metodoloxía basearase na realización de 352 entrevistas en profundidade cos responsables dos departamentos de Dixital e Social Media; Recursos Humanos; Legal e Xurídico e Contidos de 44 estacións de radio e televisión de 29 países.
Unha segunda liña de traballo estará encamiñada a analizar o tipo de contidos que publican as televisións autonómicas nas diferentes redes sociais. Para isto, os investigadores avaliarán o engagement das publicacións nas RRSS das televisións autonómicas; estudarán se estas fomentan a participación e a interacción cidadá e xeran conversación entre usuarios a través dos contidos publicados ou se se manteñen como unha canle de comunicación unidireccional e, derivado do anterior, examinarán se as publicacións nas redes das TV analizadas xeran conversa de acordo cos principios dialóxicos (interface sinxela, información útil, retención de visitas, xeración de visitas repetidas, etc.) e avaliarán o grao de interacción cos usuarios.
Por último, e de xeito parello a estas dúas liñas de traballo, crearase o Circom-UVigo Hub, un lugar de encontro e intercambio entre académicos e profesionais, e impartiranse unha serie de obradoiros de temáticas diversas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?