Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo achegará 50.000 euros para a creación en Trabada dun centro TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo achegará 50.000 euros para a creación en Trabada dun centro TIC

S. P.
Publicado: 06/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_061023_pablo_rivera_-_xunta_de_goberno.jpgEste venres 6 de outubro a Deputación de Lugo aprobaba unha achega económica da institución provincial co Concello de Trabada por máis de 48.000€ para a construción dun centro de novas tecnoloxías na parroquia de Vilaformán, na Mariña Oriental.
Segundo o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón: “Trátase dunha iniciativa de carácter innovador impulsada pola alcaldesa e tamén deputada provincial, Mayra García, que vai favorecer o acceso e o uso das novas tecnoloxías no rural, e con isto dinamizar a vida social e económica do municipio”. Engadiu que o novo servizo, que se situará no antigo teleclub, emprestará atención de xeito directo a medio cento de veciños e veciñas da parroquia, pero tamén á veciñanza de todo o concello.
O proxecto servirá para poñer a punto 131 m² deste edificio, separado en dous espazos: nun deles instalaranse mesas con computadores e noutro, a maiores, un proxector cunha pantalla. Neste espazo levaranse a cabo actividades como: cursos relacionados con actividades do rural, clases de primeiros auxilios, ximnasia ou cursos informativos.
Engadir que os traballos consistirán na retirada da rede eléctrica e os equipos de iluminación existentes, na demolición de tabiques, pavimentos e revestimentos interiores e na retirada da carpintería de madeira existente. Asemade estruturarase o espazo e a construirase un aseo adaptado. O prazo de execución das obras será de dous meses, dende o comezo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?