Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo listo para a celebración no Gaiás do 8º Scratch Day do CPETIG e AMTEGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo listo para a celebración no Gaiás do 8º Scratch Day do CPETIG e AMTEGA

S. P.
Publicado: 06/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpetig_cartel_scrath_day_2023_2_-2.jpgFinalmente este sábado 7 de outubro celébrase en Santiago a oitava edición do #ScratchDay do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia – CPETIG. Desenvolverase en horario de 9 a 14 horas, no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (monte Gaiás). Haberá 2 grupos: o conformado por rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, traballando conxuntamente cos seus pais/nais e o de profesores que queiran incorporar esta linguaxe de programación aos seus centros educativos.
O Scratch Day é unha das actividades máis destacadas da colaboración que o ente colexial mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). A xornada está deseñada para achegar á rapazada, pero tamén ás nais, aos pais e ao profesorado, ás novas tecnoloxías, á linguaxe de programación e á informática.
O Scratch Day 2023 estará centrado na temática da gamificación e do entorno dos videoxogos. Os tres públicos obxectivos aos que se dirixe esta actividade lúdico-formativa son: nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos; os seus pais, nais ou titores, e a comunidade de profesores, formadores e directores de centros de ensino interesados en aplicar a tecnoloxía e a linguaxe Scratch nas súas aulas. Esta formación teórico-práctica desenvolverase o vindeiro sábado 7 de outubro en formato intensivo de 9:00 a 14:00 horas no salón de convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O programa da actividade para as familias inclúe unha primeira aproximación ao entorno Scratch, cunha parte didáctica de como mover, lanzar e interactuar con obxectos para programar un videoxogo básico. Ademais, traballaranse as interaccións a través da cámara e do son e a linguaxe de programación con Microbit permitirá empregar a radio e o control remoto entre dispositivos.
As nenas e nenos participantes crearán o xogo do número segredo, xogos de scroll, un dado dixital, unha busca do tesouro e un videoxogo con LEDs.
No módulo específico para profesores e formadores, traballaranse obxectos, escenarios e bloques de programación, así como o movemento, a animación e a interacción entre eses obxectos. Por último, haberá tempo para o desenvolvemento dun videoxogo básico. A maiores, segundo informou o CPETIG, habilitarase a creación de unidades didácticas para contido curricular e abordarase un traballo transversal con Scratch e Microbit.
“Unha das grandes novidades desta edición será a presentación dun caso de éxito no uso de tarxetas Microbit nun colexio, que aplicou esta tecnoloxía a un proxecto para implantar un sistema de rego no centro”, explica o CPETIG, engadindo que o programa está enmarcado dentro das áreas STEM (polas súas siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e conta cunha importante experiencia entre a comunidade escolar galega nas edicións preferentes, collendo o relevo dentro do calendario de actividades do CPETIG do programa #GirlSteam, que percorreu 15 concellos de Galicia para amosar o uso das novas tecnoloxías do stop motion e dos tecidos intelixentes entre a mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?