Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e Paideia impulsarán o emprego xuvenil en mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e Paideia impulsarán o emprego xuvenil en mercadotecnia dixital

S. P.
Publicado: 06/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_paideia_marketing_dixital.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a presidenta da Fundación Paideia, Sandra Ortega Mera, asinaron un convenio para o desenvolvemento do proxecto Markéting dixital, empregabilidade e cooperativismo 2023, dirixido a mozas e mozos da provincia de entre 16 e 29 anos en situación de desemprego.
Este programa formativo e de impulso ao emprendemento desenvólvese no marco do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña e ten como obxectivos a formación e capacitación da mocidade no eido da mercadotecnia dixital, o asesoramento no proceso de creación e xestión dunha cooperativa e o apoio técnico e económico para a posta en marcha e o desenvolvemento de dúas cooperativas durante o seu primeiro ano de vida.
“A finalidade deste proxecto, que xa desenvolvemos con éxito nos últimos dous anos en colaboración con Paideia é formar á mocidade e ofrecerlles posibilidades de autoemprego e emprendemento en sectores en auxe, proporcionándolles formación práctica nos pasos a seguir para a creación dunha cooperativa e o apoio para dar os primeiros pasos no seu negocio”, resumiu o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Trala realización dunha primeira fase formativa en dous concellos da provincia, organizada en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Local (DELOA) e coa Fundación EOI (Escola de Organización Industrial), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, seleccionaranse a mellor proposta de cada concello para continuar cunha segunda fase do programa, que é a que se corresponde co obxecto do convenio acabado de asinar.
Estas dúas cooperativas do sector da mercadotecnia, impulsadas por xente nova en dous concellos da provincia, contarán co asesoramento para a constitución da súa cooperativa, así como os gastos derivados do seu primeiro ano de funcionamento. As dúas cooperativas disporán de cobertura en materia de mentoring e un apoio económico dun máximo de 60.000 euros por cooperativa, en función do número de integrantes da mesma, para financiar os gastos de constitución e posta en marcha do proxecto, os gastos de alugueiro ou mantemento da súa sede social, a adquisición de equipos e programas informáticos, salarios e custos sociais do persoal e gastos de xestoría por un período máximo de doce meses.
O orzamento deste proxecto ascende a 173.500 euros, dos que a Deputación da Coruña achega o 50% (86.750 euros) e a Fundación Paideia Galiza o 50% restante (86.750 euros).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?