Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora María Mosquera (USC) localiza o gran reto da restauración galega: sacar partido real do dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora María Mosquera (USC) localiza o gran reto da restauración galega: sacar partido real do dixital

S. P.
Publicado: 09/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

maria_mosquera_usc_tese.jpgMaría Mosquera Leal, investigadora da Universidade de Santiago, é a responsable dun traballo que pon de manifesto o importante potencial das ferramentas dixitais para a hostalería galega, potencial que aínda está por explorar e cuxo aproveitamento práctico é o gran reto do sector para os vindeiros anos.
Na investigación faise saber que “unha boa parte da restauración galega non concede credibilidade ás plataformas de opinión como TripAdvisor e tampouco coñece o impacto estatal e internacional dos seus clientes nin profunda nas ferramentas de mercadotecnia dixital”.
Na introdución ao traballo engádese que na actualidade en Galicia dáse o paradoxo dun escaso aproveitamento dos servizos tecnolóxicos avanzados, e pola outra, dunhas administracións públicas que seguen a enfocar a gastronomía galega como un dos recursos turísticos máis valiosos identificando Galicia co bo comer e empregando a gastronomía como factor clave na promoción do destino turístico.
As devanditas son dúas das principais conclusións que achega a tese de doutoramento da xornalista e investigadora da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, María Mosquera Leal, dirixida polo profesor Fermín Galindo.
A tese pon o foco, tamén, na xestión da reputación, no ecosistema actual da comunicación gastronómica, na rápida transformación que experimentou a valoración do cociñeiro e no impacto da telerrealidade e das plataformas de recomendación na alta restauración galega. Amais, abórdase por primeira vez en Galicia a análise do impacto da reputación na gastronomía e o relato gastronómico que se fai da alta cociña galega.
“A gastronomía é unha das principais motivacións do/a turista para elixir Galicia, despois da natureza”, relata a investigadora, engadindo que descubrir a imaxe que nos chega da gastronomía galega e, sobre todo, coñecer como impactan as valoracións dos clientes nas redes sociais ou os influencers no relato gastronómico galego, foron dous dos detonantes principais dun traballo no que analizou a evolución da comunicación gastronómica ao longo do tempo, antes exclusivamente en mans de críticos culinarios e agora “democratizada” a través das puntuacións das plataformas como TripAdvisor.
“Interesábame coñecer de primeira man como influíra ese cambio nos negocios hostaleiros, especialmente na alta restauración galega, se facían uso das redes sociais e as ferramentas de mercadotecnia en liña ou tiñan profesionalizada a comunicación dos seus establecementos, nun momento no que a cociña ocupa o prime time nas televisións estatais e os cociñeiros parecen ser as novas estrelas do rock para a nosa sociedade”, explica María Mosquera. Algo no que a investigadora establece que se deron pasos adiante, pero que aínda queda moito por facer, sobre todo profundando na análise de toda a información que os usuarios xeran en Internet sobre cada establecemento e o alcance que podería chegar a ter non só para o sector, senón para o destino Galicia.
A investigación complétase cunha vintena de entrevistas a figuras da restauración, crítica e fotografía gastronómica, así como a responsables de diferentes entidades vinculadas á formación e á promoción turística. De todas elas, así como da análise dos comentarios nas diferentes redes sociais e plataformas, a investigadora extrae que “o potencial para usar estas ferramentas que atraen o público internacional non está de todo desenvolvido”. Así, sinala, as materias pendentes neste eido abranguen a formación e sensibilización ao sector sobre o potencial das ferramentas de comunicación en liña, máis alá de redes sociais xerais, e o peso que teñen as plataformas dixitais de recomendación á hora de situar un restaurante. “O conxunto da información xerada polos usuarios é hoxe en día unha peza crucial á hora de lograr unha boa reputación nos seus establecementos e atraer novos clientes internacionais, polo que sería necesaria máis formación neste sentido para as novas figuras da restauración”, afirma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?