Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 13 proxectos afrontan os retos do sector alimentario tralo seu paso por BFFood
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

13 proxectos afrontan os retos do sector alimentario tralo seu paso por BFFood

S. P.
Publicado: 10/10/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bfood_proxectos.jpgA Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e empresas de referencia na industria alimentaria galega, celebrou a cuarta edición do seu Demo Day,, un evento no cal os proxectos impulsados presentan as súas solucións aos retos propostos polo sector alimentario tras o seu paso por BFFood. O encontro tamén acolleu a presentación da VI edición da aceleradora, cuxa convocatoria se atopa aberta (ata o 15 de novembro). Todo isto celebrouse este martes 10 de outubro no auditorio do Edificio FEUGA no Campus Sur da USC.
A xornada, cuxa apertura correu a cargo de Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e de Roberto Alonso, director de CLUSAGA, incluíu tamén un relatorio sobre as oportunidades que propón a nova lei de startups, da man de Vento Abogados & Asesores; e serviu para repasar as oportunidades que ofrecen distintos fondos de investimento de apoio a emprendedores, con XesGalicia, Unirisco, Noso Capital, CaixaBank DayOne e Banco Sabadell.
Ao remate da cita celebrouse unha mesa redonda sobre a experiencia e interese dos programas de emprendemento para a industria alimentaria que, moderada por AGACA, contou coa participación de representantes das empresas tractoras de BFFood Casa Grande de Xanceda, GADISA e CONGALSA. O peche institucional correo a cargo de Patricia Fernández Liz, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, que salientou “o labor de BFFood no reforzo da competitividade e a transformación dixital do sector alimentario galego”.
Proxectos da cuarta edición de BFFood
Lean 4.0, Néboda Smart Factory 4.0, Bluemarine Oil, Enzicas, Code Contract, Proplantae, ODS Protein, Las Jellys, Nano Cell Farms, Entrii, Keyfruit, AONIR e TOTALGAC FOOD achegaron solucións nas áreas temáticas de rastrexabilidade, calidade e seguridade alimentaria; sustentabilidade; desenvolvemento de novos produtos; innovación de procesos e comercialización; e dixitalización e automatización.
Durante o seu paso polo programa de emprendemento de BFFood, estes proxectos recibiron apoio integral e especializado do sector alimentario galego en función do seu grao de desenvolvemento.
Os proxectos no programa de aceleración, Lean 4.0, Néboda Smart Factory 4.0, Bluemarine Oil, Enzicas, Code Contract, Nano Cell Farms e Proplantae, desenvolverondurante 9 meses o seu produto ou servizo mínimo viable; mentres que aqueles no programa de consolidación, ODS Protein, Las Jellys, Entrii, Keyfruit, Aonir e TottalGac Food, afianzaron durante 12 meses as súas primeiras vendas.
Durante o seu paso por BFFood, todas estas startups tiveron ás principais empresas líderes do sector alimentario galego como mentoras, guiando e facilitando o seu desenvolvemento no ecosistema emprendedor, e tiveron acceso a financiamento específico, en forma de subvencións a fondo perdido e préstamos participativos.
Esta cuarta Edición de BFFood pecha tendo desenvolvido programas de mentoring e adestramento a medida para cada proxecto ao longo dos meses de duración de cada un dos programas, ademais de 85 horas de formación coordinada pola USC e impartida polas tres universidades públicas galegas.
Estas cifras son froito do traballo en común de CLUSAGA coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, IGAPE e XesGalicia; das empresas tractoras ALS Laber, CAPSA, Casa Grande de Xanceda, CEAMSA, GADISA, Galacteum, Grupo Lence, Grupo Nueva Pescanova, Hijos de Rivera, Innolact, Kiwi Atlántico, Torre de Núñez e Viña Costeira; das tres universidades públicas galegas e das entidades membro do Comité Técnico da aceleradora AGACA, ANFACO- CECOPESCA, FEUGA e Unirisco.
Durante o evento, Xosé Ramón Vázquez, responsable de BFFood, lembrou que a convocatoria para presentar proxectos e optar a formar parte da VI edición da aceleradora permanecerá aberta ata o 15 de novembro. De entre as candidaturas presentadas serán seleccionadas ata dez iniciativas para o programa de aceleración e ata seis para o de consolidación, co obxectivo de ofrecer solucións disruptivas para facer fronte aos novos desafíos do sector dos alimentos e as bebidas.
Ao longo das súas cinco edicións previas, BFFood ten impulsado 61 proxectos das 288 candidaturas recibidas, tanto desde España coma desde fóra do continente europeo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?