Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC traballan nunha ferramenta que axuda a previr a ansiedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC traballan nunha ferramenta que axuda a previr a ansiedade

S. P.
Publicado: 11/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

app_usc_prevans.jpgInvestigadores da Universidade de Santiago traballan no desenvolvemento dunha aplicación móbil que quere proporcionar recursos e estratexias aos usuarios/as para evitar a ansiedade na poboación adulta. Trátase da ferramenta PrevANS. Segundo explica a USC, funciona botando man dunha “calculadora de risco” que, baseada nunha pequena enquisa, valora os factores de risco de cada persoa (problemas de saúde física, dificultades económicas ou insatisfacción co traballo) e indícalle a probabilidade que ten de padecer problemas de ansiedade no próximo ano.
A aplicación está a ser testada por un equipo no que participa persoal investigador da USC xunto ao Instituto de Investigación Biomédica de Málaga (IBIMA), da Universidade de Málaga, Universidade Loyola de Andalucía e da Universidade de Salamanca.
“A ansiedade é o problema psicolóxico máis frecuente na poboación e calcúlase que afecta a aproximadamente tres millóns de persoas en España. Ante esta situación e co obxectivo de evitar que estas cifras continúen en aumento nace PrevANS”, explican dende o equipo investigador no que participa Carmela Martínez Vispo do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC. O obxectivo último é avaliar a eficacia dunha intervención psicolóxica en liña personalizada para a prevención da ansiedade. “Trátase, en definitiva, de mellorar a saúde mental e fortalecer o benestar de calquera persoa”, afirman, engadindo que “neste momento estamos na fase de avaliar a eficacia da intervención e para iso necesitamos participantes que proben a aplicación para poder analizar posteriormente a súa efectividade e se esta nova ferramenta realmente é capaz de evitar a aparición de problemas de ansiedade”.
Para o devandito obxectivo, buscan 2.000 persoas de España e Portugal que estean dispostas a instalarse a aplicación no seu móbil, tablet ou computador. As persoas que desexen incorporarse como voluntarios/as deben facelo a través da páxina web do proxecto.
PrevANS é un proxecto financiado pola Axencia Estatal de Investigación (AEI) e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) do Ministerio de Ciencia e Innovación. Enmárcase dentro da Rede de Investigación en Cronicidade, Atención Primaria e Promoción da Saúde e está avalado polo Comité de Ética pertinente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?