Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC celebrará o 19 de outubro en Santiago a súa 21ª edición, que inclúe novamente unha feira de emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC celebrará o 19 de outubro en Santiago a súa 21ª edición, que inclúe novamente unha feira de emprego

S. P.
Publicado: 11/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ponencia_galiciatic_2022.jpgEste mes de outubro celébrase a nova edición, a 21, do evento máis histórico e veterano de cantos eventos tecnolóxicos se celebran na nosa terra: GaliciaTIC, foro de referencia para o sector dixital galego organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo). Será en Compostela, na Cidade da Cultura, o vindeiro 19 de outubro. Celebrarase baixo o lema Impulsar o crecemento e o talento dixital en Galicia. Os principais obxectivos desta edición serán, por unha banda, captar futuros profesionais para o sector e, pola outra, abordar diferentes aspectos do impacto da Intelixencia Artificial na sociedade e nas organizacións, entre outros temas. O prazo de inscrición continúa aberto a través da web www.galiciatic.com.
A IA será o alicerce temático da conferencia inaugural de GaliciaTIC 2023. Correrá a cargo de Francisco de los Santos, socio executivo de Gartner, e nela abordarase a revolución que está a supoñer a Intelixencia Artificial nas organizacións. A partir desta apertura, sucederase un amplo programa de conferencias, debates, charlas motivacionais e webinars que abordarán múltiples aspectos do sector.
Deste xeito, neste 21.º GaliciaTIC trataranse asuntos como a tecnoloxía móbil 5G, os retos do sector, a chamada Intelixencia Artificial xenerativa, as TIC nas operacións da industria, a transformación dixital ou os incentivos fiscais para o desenvolvemento e a innovación no eido das tecnolóxicas.
Feira de Emprego
feira_emprego_galiciatic_2022.jpg Trala experiencia de 2022, que se saldou cun notable éxito de participación e repercusión, GaliciaTIC organizará por segundo ano consecutivo a súa Feira de Emprego. Trátase dun amplo programa de actividades para poñer en contacto ás empresas do sector con mozas e mozos que estean a conducir o seu perfil profesional cara ás TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
Segundo lembran dende Ineo, se ben o ano pasado os participantes circunscribíronse unicamente á Formación Profesional, nesta nova convocatoria a Feira abrirase tamén a concorrencia ao alumnado tanto das universidades como das escolas de negocios. O obxectivo desta actividade polo emprego, que incluirá charlas motivacionais e a participación dunha vintena empresas TIC, é “poñer en contacto a rama académica co mercado laboral, fomentar a vocación tecnolóxica nas novas xeracións e reter o talento no tecido empresarial da nosa comunidade”.
Oficina Acelera Peme
GaliciaTIC contará ao longo de toda a xornada cunha caseta da Oficina Acelera Peme de INEO, na que se ofrecerá asesoramento a pequenas e medianas empresas en procesos de dixitalización e transformación dixital.
Ineo, para a organización do GaliciaTIC, conta este ano co apoio da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), e tamén de entidades como EDISA, Imatia, Orange, Leyton, Appentra, Balidea, Clarcat, Cuatroochenta, Conpas, Ednon, Gdoce, Inetum, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Marine Instruments, Minsait, Nunegal e Optare Solutions. Así mesmo, colaboran Ayco, Gartner, a Oficina Acelera Peme de Ineo e Oracle.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?