Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O coworking da Deputación da Coruña na Capela impulsa xa oito proxectos emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O coworking da Deputación da Coruña na Capela impulsa xa oito proxectos emprendedores

S. P.
Publicado: 13/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

capela_deputacion_coruna.jpgO alcalde da Capela, Manuel Meizoso, a deputada Rosa Ana García, e persoal técnico do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, visitaron esta semana as instalacións do coworking local, promovido pola institución provincial ao abeiro da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. A deputada, na súa visita, interesouse polos oito proxectos empresariais que unha decena de emprendedoras e emprendedores desenvolven actualmente no centro da Capela e que pertencen a sectores como o apoio técnico ao sector agrogandeiro e agroforestal, proxectos de desenvolvemento rural e coidado do patrimonio ou servizos e tecnoloxía relacionada co mundo rural, como traballos con dron e formación na pilotaxe destes aparellos.
García destacou que a Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña está conformada por once centros, entre eles o da Capela, nos que desenvolven o seu traballo máis dun centenar de coworkers en toda a provincia .
O espazo de traballo colaborativo da Deputación na Capela sitúase no primeiro andar do antigo centro de saúde das Neves. O centro dispón dunha superficie de case 180 metros cadrados. Conta con tres despachos, unha sala de traballo con capacidade para 15 persoas, sala de xuntas e aparcadoiro público no exterior. A día de hoxe conta con dez persoas emprendedoras que están a desenvolver os seus proxectos e que reciben formación, orientación, titorización e soporte á hora de impulsar os seus negocios.
Actualmente o espazo conta con catro espazos dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden solicitar a súa praza.
A deputada provincial de Emprego visitou tamén á Oficina Next, posta en marcha pola Deputación en marzo do ano pasado. Trátase da primeira oficina de xestión de Fondos Europeos creada por unha administración local en Galicia, que ademais desenvolve o seu labor desde un concello rural, con pouco máis de 1.000 habitantes A Oficina Next destínase á detección de oportunidades e á redacción e presentación de proxectos no marco das diferentes convocatorias dos fondos europeos de recuperación, aliñados cos eixos vertebradores do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). “Trátase dun servizo pioneiro en Galicia que se presta dende un concello rural aos 93 concellos da provincia”, explicou Rosa Ana García.
A Oficina presta apoio aos concellos a través dun equipo asesor para atender e resolver consultas sobre os Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como para asesorar no proceso de identificación, deseño, preparación e presentación de proxectos para as diferentes convocatorias.
O obxectivo é prestar un servizo integral que permita aproveitar as oportunidades de financiamento de actuacións provinciais a través dos Fondos de Recuperación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?