Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME comeza a semana con cursos sobre ciberseguridade e análise de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME comeza a semana con cursos sobre ciberseguridade e análise de datos

S. P.
Publicado: 16/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smart_peme-16-3.jpgA Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME, oferta catro novas accións formativas para esta semana que vai do 16 ao 20 de outubro, no marco da súa carteira de obradoiros tecnolóxicos para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e profesionais en xeral. Os cursos tratarán temas como a ciberseguridade e o uso da VPN, a análise de datos para o desenvolvemento dun negocio ou sobre o emprego da Intelixencia Artificial para a mellora e creación de imaxes.
Este luns 16 de outubro, as 10:30, celébrase Ciberseguridade, uso da VPN. O curso, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire, ten como obxectivo fomentar a utilización da VPN dando a coñecer os seus beneficios e o seu funcionamento. No taller telemático abordarase o seu uso, cales son as opcións gratuítas e como se configura.
O martes 17, de 12:00 a 13:00 horas, con Data Driven Marketing, mellora o teu negocio en base aos datos as persoas que participen aprenderán sobre a importancia da análise dixital e de como mellorar o SEO, SEM, redes sociais, deseño e copywriting a través dos datos para desenvolver o negocio. O taller será dirixido por Esther Garcinuño, docente con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Para o mércores 18, de 12:00 a 13:00, está previsto o taller sobre intelixencia artificial: IA de imaxes, sácalles o potencial. Lara Taboada, titulada superior en Ensinanzas Artísticas de Deseño Gráfico, con experiencia na fotografía de produto e composición fotográfica creativa, será a encargada de impartilo.
As accións formativas desta semana rematan o xoves 19 coa cuarta sesión formativa online sobre intelixencia artificial ChatGPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento -IV de 12:00 a 13:00 horas. Esta sesión inaugura o bloque de contidos sobre Stable Diffusion.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?