Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dinahosting intervén nos XXV Encontros para a Normalización Lingüística do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dinahosting intervén nos XXV Encontros para a Normalización Lingüística do CCG

S. P.
Publicado: 16/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

encontros_para_a_normalizacion_linguistica_enteiro_ccg.jpgEste martes 17 de outubro celébrase a XXV edición dos Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG), desta volta baixo un epígrafe que avanza boa parte dos contidos a tratar: Economía, lingua e sustentabilidade. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, inaugura esta cita que pretende reflexionar sobre o papel do idioma no ámbito socioeconómico, poñendo o foco nas posibilidades que abre para incrementar o prestixio das empresas e aumentar produtividade. Falarán os responsables da tecnolóxica Dinahosting, referente en servizos en liña e de hospedaxe web, pero tamén de Daveiga, Espiga, FEGATUR, Vegalsa-Eroski, Deleite Cooperativa 57 ou Caixa Rural Galega, entre outras empresas. O encontro será presencial pero poderase seguir en directo a través do web e as redes sociais da institución.
Rosario Álvarez Blanco, David Cobas Medín, Mónica Fernández Valencia, Ana Iglesias Álvarez, Manuel Maseda Deán, Susana Mayo Redondo, Bernardo Penabade Rei, Bieito Silva Valdivia, Anxos Sobriño Pérez, Marta Souto González e Xaime Varela Sieiro son os coordinadores desta edición.
A xornada divídese en tres bloques. No primeiro falarase da situación da lingua galega no sector económico, na que o investigador do ILG (USC), Miguel Guisantes, ofrecerá unha descrición panorámica do uso do galego nos sectores recollidos no plan de dinamización lingüística galega no tecido económico. Após esta panorámica, o avogado e consultor Xoán Antón Pérez Lema, xunto con Sara Seco Rial, da Mesa pola Normalización Lingüística, farán unha análise dos dereitos dos consumidores e consumidoras, das dificultades xurídicas para exercelos e das experiencias de reclamacións destes.
No terceiro bloque toman a palabra os responsables de diferentes empresas para explicar as súas experiencias. Unha delas ofrece unha perspectiva histórica da promoción do uso da lingua mediante actividades de entidades públicas e privadas. Capacidade dinamizadora de determinados sectores económicos centrados en servizos de mediación. Visión externa desde a perspectiva da publicidade. Nela participan Xosé Carballido Presas, Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE); Paulo Rodríguez de Dinahosting; Emi Candal de Espazo coop. Unión de Cooperativas Galegas e Xosé García, DAG: Asociación Galega do Deseño.
Pola tarde celebraranse as dúas mesas que continúan a dar voz ás experiencias prácticas. Una delas titúlase Lingua, calidade e proximidade, serve para a presentación e posta en valor de empresas que unen a lingua galega aos seus principios de calidade e proximidade. Gabriela González de Vegalsa-Eroski; Pedro González Boquete de Deleite; Antón Ínsua de Coop57 e Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón da Caixa Rural Galega achegan a súa visión.
A última das mesas é Lingua e sustentabilidade na que Carolina Sánchez Sanz de Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución; Francisco Xabier Almuíña de FEGATUR (Federación Galega de Turismo Rural); e Xosé Lois Lamazares das galletas Daveiga, amosarán a súa visión do binomio galego e sustentabilidade. A xornada remata cunha actuación do Mago Teto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?