Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo renova a aplicación cidadá para a comunicación de incidencias de mantemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo renova a aplicación cidadá para a comunicación de incidencias de mantemento

S. P.
Publicado: 17/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_de_lugo_imaxe_de_arquivo_da_alcaldesa_e_o_concelleiro_de_transicion_ecoloxica_co_persoal_do_servizo_municipal_de_limpeza.jpgO Concello de Lugo reactivou a aplicación Liña Verde baixo o nome de BitPayt, Lugo Verde nas Túas Mans, impulsada dende a área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández. Os traballos de renovación e actualización, realizados dende o remate do verán, dirixíronse en parte a sincronizar a ferramenta coa páxina web do servizo municipal, propiciando o intercambio de información entre os dous soportes. A app BitPayt ten por vocación fomentar a participación da poboación poñendo o uso das novas tecnoloxías ao servizo da veciñanza.
En palabras do concelleiro Miguel Fernández, a través desta ferramenta, “sinxela e moi intuitiva no seu manexo”, os e as lucenses dispoñen novamente “dunha canle directa co Concello para informar de xeito inmediato de todas aquelas incidencias que gardan relación co mantemento das dotacións públicas da cidade”. O edil engadiu que as persoas usuarias que queiran empregala “só terán que descargala e rexistrarse nela de xeito gratuíto para comenzar a utilizala”.
E engadiu: “A partir dese momento poderán formular peticións e achegar avisos sobre a situación na que se atopan os colectores de lixo ou as papeleiras, se están cheos, avariados, se presentan danos ou se atopan desbordados, pero tamén poderán dar conta de maiores necesidades de aseo en vías da capital pola presenza de pintadas, de vertidos de aceite ou doutro tipo de residuos e sucidade, e mesmo solicitar a recollida de aveños, de restos de poda, etc, incluíndo a posibilidade, ademais, de notificar calquera outra problemática vencellada coa rede de sumidoiros, control de aves, conservación de parques e xardíns, entre outras opcións”, abondou o concelleiro.
Miguel Fernández sinalou que un equipo de expertos atenderá con celeridade e dará resposta a todas esas notificacións para darlles non só solución, senón que tamén informará á ou ao interlocutor de como avanza a tramitación das mesmas. “De maneira que todas esas comunicacións activas quedarán ancoradas na páxina principal para favorecer o seu seguimento”.
A maiores, na ferramenta as e os usuarios disporán dunha Guía de Reciclaxe con toda a información sobre a separación selectiva , “tratando de favorecer deste xeito o uso de boas prácticas ambientais no desenvolvemento dun municipio sostible”, concluíu Miguel Fernández.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?