Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña mobiliza á mocidade para resolver retos sociais con ferramentas STEAM (III Concurso Imaxina)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña mobiliza á mocidade para resolver retos sociais con ferramentas STEAM (III Concurso Imaxina)

S. P.
Publicado: 17/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Premiados na anterior edición de Imaxina
Premiados na anterior edición de Imaxina
O Goberno herculino abriu o prazo de inscrición (ata o 5 de novembro) da terceira edición do Concurso Imaxina Coruña 2023-24, no que poderán participar os centros educativos da cidade e área metropolitana que conten con Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, coa finalidade de fomentar a difusión da cultura científica e tecnolóxica entre dito alumnado.
O programa Imaxina Coruña está organizado polo Consistorio herculino a través do Servizo de Educación en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, e nace como “unha iniciativa municipal de carácter innovador” que convida á mocidade a crear un proxecto orixinal coas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) e buscando contribuír a resolución dun problema real da sociedade.
Nesta III edición a temática do concurso deberá centrarse en Arte, Ciencia e Tecnoloxía.
Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos, que poderán contar entre 2 e 4 participantes e deberán ser mixtos.
O concurso desenvolverase en varias fases (catro) dende o mes de novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024.
Os premios virán establecidos en función de 3 categorías: premio á sustentabilidade, premio á innovación e premio ao compromiso social.
Premios para tres proxectos
Para cada unha das categorías, o recoñecemento consiste nun convite a participar ou visitar un día a feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes (máximo 5 persoas/grupo, incluído o docente).
Premio ao centro educativo
Cada centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3 categorías sinaladas, recibirá un cheque regalo por importe de 500,00 euros, que deberá destinarse á adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
Premio ao vídeo do proxecto
Aqueles grupos concursantes que presenten un vídeo relato do seu proxecto serán publicados en Youtube e sometidos a votación popular os 3 días anteriores a celebración da Feira de ideas. O gañador da votación popular será premiado cun estabilizador.
Ademais, o Concello correrá cos gastos de material funxible que estean relacionados co traballo a desenvolver, ata un máximo de 150,00 euros por grupo participante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?