Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A operadora Adamo leva Internet ultrarrápida a 300 fogares de Quiroga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A operadora Adamo leva Internet ultrarrápida a 300 fogares de Quiroga

S. P.
Publicado: 17/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

José Luis Rivera, alcalde de Quiroga, e David Llano (Adamo Galicia) nunha reunión coa veciñanza
José Luis Rivera, alcalde de Quiroga, e David Llano (Adamo Galicia) nunha reunión coa veciñanza
Loitar contra o despoboamento rural en Galicia non é unha tarefa doada, son moitos os atrancos a superar, un dos máis decisivos pode ser a desvantaxe tecnolóxica que sofren estes lugares afastados, para ben ou para mal… Desta volta falamos da fibra óptica, que vén de chegar ata o concello lucense de Quiroga, pois 300 familias contan dende agora con conexión grazas á operadora Adamo, con sede en Barcelona, que levou Internet ultrarrápida, de ata 1.000 Mb, a estes fogares.
David Llano, responsable da operadora en Galicia, fíxollo saber ao equipo de Goberno do concello e aos veciños que se achegaron ao encontro celebrado a semana pasada. Pola súa banda, o alcalde, José Luís Rivera, amais de celebrar o acceso da fibra óptica, está a impulsar o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.
Para dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo ideou a ferramenta Ola, veciño! Un formulario que se pode encher na web da empresa e que permite a Adamo avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Asemade, en Adamo.es non hai máis que premer en Chamámoste para que unha teleoperadora da compañía se poña en contacto co cliente, que tamén pode marcar o 1600 para recibir información e/ou contratar produtos.
Engadir que Quiroga forma parte dun plan de expansión da compañía, que amorea máis de 87.000 vivendas cableadas en 36 concellos lucenses dende mediados de 2018. Adamo resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, a dita empresa levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmóbeis conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?