Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Descende o uso do galego nas comunicacións empresariais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Descende o uso do galego nas comunicacións empresariais

S. P.
Publicado: 18/10/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Valentín García, Rosario Álvarez e Bernardo Pernabade na inauguración
Valentín García, Rosario Álvarez e Bernardo Pernabade na inauguración
Máis conciencia sobre a importancia do galego na comunicación empresarial pero menos presenza da lingua. Este paradoxo é unha das grandes conclusións da XXV edición do Encontros para a Normalización Lingüística que organizou este martes 17 de outubro o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Na xornada o investigador da Universidade de Santiago (USC) Miguel Guisantes sinalou que entre 2003 e 2018 descendeu un 17% o número de persoas que falaban sempre en galego cos compañeiros e un 12,3% coa clientela. Isto é aplicable tamén ao ámbito tecnolóxico.
A presidenta da institución, Rosario Álvarez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacaron na inauguración a importancia deste foro, que este ano puxo o foco no ámbito socioeconómico, un eido no que, pese as medidas adoptadas, estase a reducir o uso da lingua.
No transcurso do encontro, o investigador Guisantes fixo un percorrido pola situación da lingua galega no sector económico ao fío do Plan de Dinamización da Lingua Galega no eido económico. Na súa opinión, “é crucial coñecer a situación, para poder actuar”. Explicou tamén que no período que vai de 2016 a 2020 leváronse a cabo un centenar de medidas co obxectivo de crear conciencia de que o galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias, así como estender e fomentar o seu uso. Na exposición, Guisantes afirmou que o “Plan está traballado parcialmente, pero está infrautilizado; ademais ten unhas actuacións pouco claras sen relacionar coas medidas”. Tamén destacou que hai “avances tímidos”, aínda que as cifras non son moi positivas. Na gráfica amosada na súa intervención, destacou que descendeu un 17% o uso do galego entre os compañeiros de traballo; un 17,3% entre o persoal ao seu cargo; un 12,1% entre os traballadores e os seus superiores e un 12,3% coa clientela. Como remate ofreceu un decálogo de recomendacións para contribuír a mellorar a situación.
Deseguido, falaron dos dereitos dos consumidores. Sara Seco, da Mesa pola Normalización Lingüística, explicou como resolver as queixas máis habituais. “Escoller a lingua na que se redacta unha póliza está regulado desde o ano 1980 na Lei de contrato seguro”, comentou, ao tempo que afirmou que tamén se poden escoller as linguas nos procedementos nas notarías, “segundo se recolle na lei de procedemento administrativo”. Ademais, deu cifras da aplicación A liña do galego que ten a Mesa, que en 2022 tramitou 1.048 expedientes: a metade foron consultas e 469 foron queixas. Completou o panorama Xosé Antón Pérez Lema, que debullou o contexto normativo.
Pola tarde, foi o sector o que explicou en primeira persoa cal é a súa relación co idioma. “A política lingüística de Deleite é natural e activa”, resumiu Pedro González Boquete, o director executivo de Leite Noso, empresa que emprega o galego nas súas comunicacións internas e externas e que ten entre as débedas pendentes “os contratos de distribución e os contratos que temos cos gandeiros”.
“A nosa política lingüística é aberta. Son os clientes os que deciden o idioma de relación coa caixa e os nosos sistemas están preparados para atendelos en galego”, asegurou Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral da Caixa Rural Galega. Esta entidade ofrece todos os contratos traducidos, o que lle permite potenciar a lingua e reforzar a propia estratexia empresarial. Engadiu que “somos un actor financeiro local de moita referencia nas nosas zonas de actividade. Non tería sentido procurar o desenvolvemento económico desas áreas e non ter a posibilidade dunha relación comercial en galego”.
Xosé Lois Lamazares, responsable de Daveiga, empresa que fai as galletas Mariñeiras, reivindicou a lingua galega e o seu vínculo natural ao proxecto. “O feito de comunicar e transmitir en galego, na Galiza, é unha aposta polo país, unha mostra de compromiso e respecto cara ás consumidoras”, afirmou. Animou a outros emprendedores a empregar o galego como primeiro idioma de comunicación porque “son todo vantaxes” malia que “fóra non ten tanto poder pero tampouco estorba”. Como vén sendo habitual, os Encontros remataron cun espectáculo, que neste caso foi o do Mago Teto.
Os Encontros para a Normalización Lingüística
Os Encontros para a Normalización Lingüística naceron como un foro dedicado á información e á reflexión sobre a situación da lingua galega, un lugar de intercambio de experiencias e presentación de proxectos, de elaboración e lanzamento de propostas de futuro. Un espazo aberto á pluralidade, á construción colectiva, ao interese e respecto por todas as voces. Neste cuarto de século abordaron a normalización do idioma desde diferentes ámbitos: o deporte, como ferramenta de cohesión social, a mocidade ou a comunicación, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?