Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira muller almirante da navegación española, protagonista do novo podcast de Aquí faltan páxinas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira muller almirante da navegación española, protagonista do novo podcast de Aquí faltan páxinas

S. P.
Publicado: 18/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aqui_faltan_paxinas_deputacion_pontevedra_10_isabel_barreto.jpgA considerada primeira muller en ocupar o cargo de almirante na historia da navegación española, Isabel Barreto, protagoniza este mes de outubro o programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas, ciclo de relatos sonoros en formato podcast e conferencias que naceu da colaboración da institución provincial coa firma O Cable Inglés para visualizar e reivindicar mulleres galegas extraordinarias relacionadas coa provincia.
Este xoves 19 de outubro o Pazo Provincial acollerá, a partir das 19:00 horas, un faladoiro sobre a traxectoria desta aventureira, descubridora e “adiantada dos mares do sur”, que impartirá a investigadora Eloísa Gómez-Lucena, quen defende a orixe pontevedresa de Barreto. No acto participará a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e conducirao Marián Fernández, de O Cable Inglés, coordinadora da colección.
O faladoiro virá da man de Eloísa Gómez-Lucena, recoñecida investigadora, antropóloga, documentalista e escritora que colabora en diversas publicacións de divulgación histórica e está especializada nos artigos sobre personaxes femininas dos séculos XVI e XVII e que sostén que Barreto naceu en Pontevedra e probablemente foi bautizada na basílica de Santa María a Maior.
Ademais da conferencia, a historia de Isabel Barreto estará tamén dispoñibel a partir do xoves no podcast de Aquí faltan páxinas (nas principais plataformas de retransmisión en directo e na páxina web da institución provincial) e unha ruta virtual que inclúe como lugar clave da provincia na súa biografía a basílica de Santa Maria A Maior, na que foi bautizada Isabel Barreto.
O proxecto Aquí faltan páxinas inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por cada mes deste 2023, para pór en valor os logros de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?