Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic lanza un premio á mellor tese estatal que rende homenaxe aos profesores Manuel Ramos e Fernando Isasi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic lanza un premio á mellor tese estatal que rende homenaxe aos profesores Manuel Ramos e Fernando Isasi

S. P.
Publicado: 18/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_premio_tese_doutoral.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, lanzou a primeira edición dun novo premio que levará os nomes dos profesores Manuel Ramos e Fernando Isasi. O certame busca a mellor tese de todo o ámbito estatal relacionada coas tecnoloxías de telecomunicación ao tempo que rende tributo, deste xeito, aos dous docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigadores de atlanTTic falecidos en maio de 2022, no caso de Ramos, e en agosto de 2023, no de Isasi.
Segundo explica o centro atlanTTic, este galardón ponse en marcha contando coa colaboración da sección española do IEEE, Institute of Electrical and Electronics Engineers, co obxectivo de “recoñecer o labor realizado por aquelas persoas investigadoras cuxa tese de doutoramento represente un avance significativo no eido das tecnoloxías de telecomunicación”.
Este premio recoñecerá “aquelas achegas que, baseadas na innovación, a creatividade, a orixinalidade e o rigor científico”, presentan “unha alta capacidade de avance no coñecemento producido no eido das tecnoloxías de telecomunicación”.
Dende atlanTTic tamén apostan porque o galardón “se converta nun estímulo complementario para as persoas investigadoras que traballan neste campo”.
Esta primeira convocatoria do premio consistirá nun único premio cunha dotación económica de 2.000 euros e poderán concorrer ao certame todas as persoas en posesión dun título de doutoramento, de calquera nacionalidade, que defendesen a súa tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación, en concreto comunicacións, servizos dixitais e/ou ciberseguridade, en calquera universidade española entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Os seus traballos deben ter obtido a máxima cualificación, excelente cum laude, e ademais deben ter publicado dous artigos JCR Q1/Q2 ou, no seu defecto, dispor dunha patente en explotación, por un resultado da investigación realizada no contexto da tese.
Para presentar as candidaturas é preciso cubrir o formulario en liña na ligazón habilitada, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e por como asunto “premio ATLANTTIC-Tese Doutoral”.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 deste mes de outubro. No formulario en liña achegarase un certificado do centro onde se leu a tese de doutoramento no que se recolla título, autor, data e cualificación, un currículo e un resumo e breve explicación da relación do traballo realizado coas tecnoloxías de telecomunicación, facendo especial fincapé nos aspectos orixinais e innovadores e nos resultados obtidos.
A selección das propostas será efectuada por unha comisión de avaliación que terá en conta para a toma da decisión aspectos como as publicacións de impacto en revistas JCR de gran relevancia en tecnoloxías de telecomunicación; as publicacións de impacto en congresos internacionais de gran relevancia no eido das tecnoloxías de telecomunicación; os resultados de transferencia, patentes e aplicacións comerciais en relación coa tese; ou os premios recibidos, proxectos xerados a partir da tese e outros méritos como estadías no estranxeiro ou financiamento recibido.
A comisión de avaliación estará composta por persoas de especial relevancia no eido das tecnoloxías de telecomunicación e, a súa composición, será publicada unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?