Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mapean con drons e IA o crecemento da cría do mexillón cun 95% de efectividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mapean con drons e IA o crecemento da cría do mexillón cun 95% de efectividade

S. P.
Publicado: 18/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231018-directora-da-axencia-galega-de-innovacion-patricia-argerey-participou-en-vilanova-de-arousa-nunha-demostracion-de-uso-desta-solucion-innovadora.jpgVilanova de Arousa acolleu este mércores 18 de outubro a presentación dunha nova ferramenta tecnolóxica para obter información permanentemente actualizada sobre o crecemento e evolución da presenza da semente de mexillón no litoral galego. Trátase dunha aplicación que amosará datos obtidos mediante sensores de alta resolución embarcados en vehículos non tripulados e intelixencia artificial que permitirá determinar a cantidade de mexilla (cría do mexillón) e optimizar a súa recollida.
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou nesta xornada de demostración que tivo lugar no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Vilanova de Arousa, na que se avanzaron os resultados deste proxecto. Asistiron tamén representantes do Instituto Tecnolóxico do Mar (INTECMAR), do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) e da Consellería do Mar, así como do sector mexilloeiro.
A solución desenvolvida, explicaron, “proporciona un conxunto de ferramentas que cobren as fases de captura, catalogación, análise e explotación de datos relativos á evolución da semente de mexillón”. A través de vehículos non tripulados e Intelixencia Artificial captúranse e analízanse os datos, identificando a presenza de mexilla e, potencialmente, de percebe, así como doutras especies presentes no ecosistema, mediante un proceso de segmentación e zonificación da información recollida.
Esta tecnoloxía permite deseñar e planificar as operacións de captura de datos sobre o terreo mediante vehículos aéreos non tripulados (UAV), almacenar e clasificar a información obtida nunha base de datos xeoespacial, presentar a información recollida asociada ás características morfolóxicas do terreo, á orientación e pendente do litoral; dispoñer de información sobre as zonas onde se dá unha presenza sensible e predominante de mexilla, coñecer a evolución do recrutamento de semente de mexillón nun intervalo de tempo determinado; e facilitar a consulta e análise de información mediante ferramentas avanzadas de explotación de datos.
O proxecto, adxudicado por un importe de 500.000 euros, está a ser desenvolvido pola compañía Telespazio Ibérica, nun consorcio no que tamén participan as empresas galegas Aeromedia e Bahía Software, o centro tecnolóxico Gradiant e o Instituto de Investigacións Mariñas IIM-CSIC, con sede en Vigo. O Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Centro Tecnolóxico do Mar foron as entidades que identificaron este reto ao que dar resposta con tecnoloxías de sistemas non tripulados e tamén as futuras entidades usuarias da solución desenvolvida.
É un dos cinco proxectos adxudicados pola Axencia Galega de Innovación este ano, con financiamento de Fondos Feder REACT-EU como parte da resposta da Unión Europea á pandemia por COVID-19, para impulsar a compra de solucións innovadoras próximas ao mercado que poidan incorporarse a curto prazo á carteira de servizos públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?