Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pazo de Arenaza celebra a semana dos freelancers con xornadas de portas abertas e un evento este venres (3+1)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pazo de Arenaza celebra a semana dos freelancers con xornadas de portas abertas e un evento este venres (3+1)

S. P.
Publicado: 19/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking_arenaza_5_1_freelancers.jpgCon motivo da semana European Freelancers Week o espazo de coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros, A Coruña) organiza o evento 3+1 aprendizaxes para freelancers, no que tres relatoras especializadas achegarán cadansúas experiencias e aprendizaxes sobre a contorna do traballo autónomo e independente e o ámbito empresarial free. Trátase de Tania Prego Bravo, socia directora en Ártica Agencia Creativa, que explicará a súa viaxe de freelancer á axencia; Leandro Menéndez, podcaster en Babel Infinito e creador de contidos en Mumbler, que amosará unha perspectiva empresarial da creación de podcasts; e Ana Belén Muñiz Vera, xestora de empresa e formadora, dará as claves de cotizacións dos autónomos.
Durante o evento as persoas asistentes compartirán un café de networking e terán ocasión de debater en conxunto sobre a xestión do tempo como freelancer.
O evento celebrarase de forma presencial no coworking do Pazo de Arenaza, Iñás, s/n, 15171 Oleiros, e será retransmitido en liña.
As inscricións para calquera das dúas modalidades deberán realizarse na web do evento.
Open Coworking
Esta semana celébrase a European Freelancers Week, que procura poñer en valor o tecido autónomo europeo con eventos por todo o continente. Estas xornadas buscan crear conexións e colaboracións, así como dar luz a problemas e posibles solucións do sector dos autónomos. O Pazo de Arenaza en colaboración con AJE Coruña, participará neste evento a través dun Open Coworking ao longo de toda a semana e do evento 3+1 aprendizaxes para freelancers este 20 de outubro
O Open Coworking permitirá a calquera persoa usar un módulo de traballo no Pazo de Arenaza do 16 ao 20 de outubro. O único requisito para poder participar é inscribirse na súa páxina web, xa que as prazas son limitadas.
O Pazo de Arenaza forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e a través destas iniciativas pretende xerar sinerxías entre o tecido empresarial da contorna e das persoas emprendedoras que están a desenvolver os seus proxectos neste centro, especializado en arquitectura, urbanismo e empresas de base tecnolóxica.
Podemos ver máis datos sobre estas actividades na web do Pazo de Arenaza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?