Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo será en 2024 sede do cumio mundial de criptografía cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo será en 2024 sede do cumio mundial de criptografía cuántica

S. P.
Publicado: 19/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_cuanticas_marcos1.jpgSerá en setembro do vindeiro ano cando Vigo se converta en sede do principal cumio mundial de criptografía cuántica, pois resultou elixida para celebrar a 14th International Conference on Quantum Cryptography, Qcrypt. Trátase dun evento que tras pasar por cidades como Zurich, Cambridge, Shanghai, Ámsterdam ou Washington (en 2023) chegará por primeira vez a España, máis en concreto a Vigo. Será do 2 ao 6 de setembro de 2024 na sede Afundación, organizado pola UVigo e o Centro de Supercomputación de Galician (CESGA), e traerá á cidade olívica arredor de 400 investigadores e investigadoras de Estados Unidos, Europa e Asia, relacionadas con estas tecnoloxías que estudan, sobre todo, o incremento constante da seguridade e confidencialidade das nosas comunicacións.
“É unha oportunidade única para visibilizar aínda máis as importantes actividades de investigación que se realizan na nosa Universidade, en Galicia, e España nestas tecnoloxías, e para converter a Vigo na capital das comunicacións cuánticas durante a semana do evento”, explica o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Marcos Curty, director científico do Vigo Quantum Communication Center, adscrito ao centro de investigación AtlantTic, pendente de presentación pública, no que colaboran empresas e universidades dunha ducia de países.
“Varios dos investigadores e investigadoras coas que contamos arestora na Universidade nestas tecnoloxías somos pioneiros neste campo, temos gran visibilidade internacional e colaboramos cos principais grupos internacionais nesta área”, subliña Curty, quen aclara que dous deles -el mesmo e Hugo Zbinden- teñen sido membros do comité directivo deste congreso varios anos. “Esta bagaxe e a investigación de excelencia que realizamos na nosa Universidade en comunicación cuántica foron fundamentais para que se elixise Vigo”, subliña o investigador.
A conferencia anual sobre criptografía cuántica, QCrypt, é un encontro internacional aberto ao alumnado e á comunidade investigadora que traballa en todos os aspectos da criptografía cuántica, o que inclúe investigacións teóricas e experimentais sobre as posibilidades e limitacións da comunicación e a computación seguras con dispositivos que explotan os efectos da mecánica cuántica, ou na presenza de dispositivos que empregan estas tecnoloxías.
“O obxectivo da conferencia é presentar os mellores resultados do ano anterior en criptografía cuántica e apoiar a construción dunha comunidade de investigación neste eido”, salienta o docente vigués, quen tamén fai referencia a que o programa incluirá investigacións sobre a distribución cuántica de claves criptográficas plenamente seguras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?