Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC acelera o tempo de recuperación ante desastres de semanas a 48 horas con Veeam Data Platform
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC acelera o tempo de recuperación ante desastres de semanas a 48 horas con Veeam Data Platform

S. P.
Publicado: 19/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_universidade-de-a-coruna.jpgVeeam Software, referente en protección de datos, vén de facer balance da súa colaboración coa Universidade de Coruña, que consistiu, en liñas xerais, en mellorar os sistemas de seguridade dixital da institución e os seus recursos de resposta ante incidencias.
Segundo explican fontes de Veeam Data, a infraestrutura de TI da UDC cambiou e evolucionou co tempo para incluír novas tecnoloxías como a computación na nube, a Intelixencia Artificial (IA) e as solucións de automatización, derivando nunha fonda transformación do enfoque de backup e da replicación de datos, cun aumento importante da resiliencia operativa e cunha redución significativa da necesidade de intervir manualmente.
Ademais, UDC utiliza Veeam para mellorar a súa estratexia de recuperación ante desastres (DR). Así, o tempo que tarda a institución en recuperarse dun desastre reduciuse de varias semanas a tan só 48 horas, reducindo a utilización da almacenamento de backup nun 60% e os tempos de copia de seguridade nun 67%, explica a empresa tecnolóxica.
“Saber que con Veeam podemos recuperar datos críticos e sistemas de TI en tan só 48 horas en lugar de semanas é unha gran vantaxe nunha universidade na que a aprendizaxe e a innovación están en constante movemento. Para que os nosos usuarios prosperen, necesitan a máxima dispoñibilidade, e con Veeam estamos á altura dese desafío”, afirma Daniel López, arquitecto de Sistemas do Departamento de Infraestruturas da Universidade da Coruña.
Prioridades
As prioridades do equipo de TI da universidade baséanse en garantir a dispoñibilidade ininterrompida de datos e sistemas, asegurando a produtividade dos seus usuarios a través dunha solución de protección de datos preparada para o futuro, evolucionable e adaptable a unha contorna de TI que cambia rapidamente.
“A Universidade da Coruña”, engaden den a empresa de software, “foi capaz de recuperarse dunha interrupción do servidor cuns poucos clics de rato, o que lle permitiu proporcionar experiencias consistentemente boas aos seus 25.000 usuarios e minimizar o risco de perda de datos en case calquera escenario”.
Segundo explica Daniel López, “Veeam proporciónanos unha solución preparada para o futuro que necesitamos para levar á UDC á seguinte fase da súa transformación dixital. É independente do hardware e intégrase con todo tipo de aplicacións, polo que é a opción adecuada para unha organización innovadora como a nosa”.
Empresa e institución coinciden tamén ao afirmar que a contorna de TI da universidade sufriu “un cambio drástico nos últimos 12 anos” e que as solucións tecnolóxicas achegadas por Veeam, que poden adaptarse aos cambios da contorna, “permiten a estudantes e profesores da institución innovar libremente, coa confianza de ter os seus datos sempre protexidos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?