Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Almorzos ABE (Boiro) achegan unha clase maxistral sobre como sacar partido da canle dixital da nosa empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Almorzos ABE (Boiro) achegan unha clase maxistral sobre como sacar partido da canle dixital da nosa empresa

S. P.
Publicado: 23/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acelerapyme-fb_abe.jpgEste mércores 25 de outubro celebrarase na sede da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) un novo almorzo formativo (Almorzos ABE). Virá da man da oficina Acelera PEME da Deputación da Coruña e celebrarase de 9:00 a 10:00 horas da mañá. A través destra sesión as persoas asistentes coñecerás os 10 puntos clave que lles permitirán mellorar as canles dixitais da súa empresa.
Segundo explica a ABE, “a revolución tecnolóxica produciu un conxunto de cambios no mercado que implican a necesidade de coñecemento deste novo medio, o dixital”. Así, empresarios e emprendedores precisan coñecelo e aproveitar todo o seu potencial, xa que esta transformación tecnolóxica é xa “un piar fundamental da sociedade e do tecido económico”, engade a patronal boirense.
O obxectivo deste obradoiro é expoñer ferramentas e modos de actuar que axuden ás empresas, autónomos e persoas emprendedoras a acadar os seus obxectivos de comunicación, mercadotecnia e vendas, comprometéndose a súa vez con iniciativas que teñan externalidades positivas.
Ademais, a finalidade práctica deste espazo divulgativo é que os asistentes poidan situar o punto de partida do seu negocio e ter unha orientación, poñer o foco sobre como actuar nas novas realidades da comunicación empresarial, proporcionándolles unha folla de ruta para planificar unha estratexia e un plan de contidos.
É necesaria a inscrición previa ao obradoiro, a través do correo electrónico da ABE info@abe.gal ademais os asistentes poderán almorzar dende as 8:30 da mañá e teñen posteriormente á charla xunto coa poñente e resto de empresarios.
As Oficinas Acelera PEME da Deputación da Coruña veñen da man de Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, que aporta ata o 80% do orzamento subvencionable e as entidades beneficiarias o resto.
As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de PEMES 2021- 2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación Dixitalización básica para las Pymes, inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera PEME.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?