Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os españois melloran as súas prácticas de protección en liña, segundo un novo estudo da ONTSI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os españois melloran as súas prácticas de protección en liña, segundo un novo estudo da ONTSI

S. P.
Publicado: 23/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

como_se_protexe_a_cidadania_ante_os_ciberriscos_ontsi_red.es.jpgO Observatorio Nacional de Tecnoloxía e Sociedade (ONTSI), órgano colexiado de carácter consultivo da entidade estatal Red.es, presentou o informe Como se protexe a cidadanía ante os ciberriscos: Estudo sobre percepción e nivel de confianza en España. Segundo explica o Observatorio, trátase dunha análise que” combina por primeira vez as percepcións sobre a ciberseguridade e as medidas que toma a poboación cunha análise dos seus dispositivos”. Os datos resultantes reflicten “unha maior concienciación por parte dos españois ante os novos desafíos que está a crear a dixitalización”.
Así, malia que os incidentes seguen sendo unha ameaza permanente, “tamén constitúen un punto de inflexión no comportamento”, sinala o estudo, engadindo que “o número de persoas que modifican os seus hábitos tras ser branco de ciberataques mostrou un aumento interanual 6,5 puntos, representando o 67,5% dos afectado”. Ademais, os mecanismos de identificación biométricos convertéronse nunha das medidas máis recorridas, “utilizada xa polo 45% dos usuarios”.
A investigación inclúe como novidade preguntas sobre a protección de menores e as medidas para asegurar o seu benestar, sendo a máis común falar con eles sobre os riscos que existen na contorna virtual (43,8%), limitar o tempo de conexión (40,1%) e a activación de controis parentais (36,8%).
Polo que respecta ás redes sociais e os chats, estes servizos mantéñense como os principais usos que os españois dan a Internet (ao redor do 70%) e os principais motores de interacción no ámbito dixital. O estudo indaga sobre o emprego destas canles para relacionarse, desvelando que o 66,9% da poboación que coñeceu xente por Internet foi a través estas plataformas. Case o 80% afirma ter suficiente, bastante ou moita confianza neses contactos virtuais descoñecidos, pero preto do 65% asegura tomar medidas antes de un encontro presencial.
O informe mostra un incremento interanual das transaccións financeiras virtuais, como a banca online (sendo utilizada polo 69% dos usuarios), os pagos online (62,3%) e o comercio electrónico (50,3%). Do mesmo xeito que un aumento das preferencias polos contidos de pago, que medran case 9 puntos (chegando ao 53,2%), mentres que os gratuítos caen case 8 puntos.
O escaneo realizado para este estudo revela que “a conciencia por parte dos usuarios está a mostrar avances importantes, como unha caída na presenza de malware de 2,5 puntos porcentuais con respecto ao ano 2021, alcanzando o 56,6% dos dispositivos analizados”. Amais, redúcese case 4 puntos as infeccións en terminal Android afectando tan só ao 3%.
O informe engade que “con todo aínda existen hábitos persistentes no día a día que vulneran a seguridade dos usuarios españois”. De feito, o 40,3% admite incorrer nalgunha conduta de risco no último ano, como descargar arquivos desde webs dubidosas (33,4%). Así mesmo, un 32,8% admitiu instalar programas desde fontes non oficiais e case un 30% accede a ligazóns sen ter certeza sobre a súa procedencia, mentres que o 21,2% abre arquivos de remitentes descoñecidos. “Este tipo de prácticas provocou un lixeiro aumento interanual de 5,2 puntos porcentuais dos incidentes de seguridade declarados con respecto a 2021, alcanzando o 60,5% a poboación dixital”, sinálase, engadíndose que o problema de seguridade máis común que sofren as vítimas é a recepción de correos non desexados (80,4%), ademais do ataque de virus ou códigos maliciosos, o verse privado de acceso a servizos, perda de datos e a suplantación de identidade, entre outros. No que se refire a fraudes en liña, o prexuízo económico experimentado polas persoas entrevistadas foi de máximo 100 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?