Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte… nas ondas presenta o seu innovador modelo de comunicación en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte… nas ondas presenta o seu innovador modelo de comunicación en Madrid

S. P.
Publicado: 24/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ponte_nas_ondas-5.jpgA asociación Ponte… nas ondas!, centrada en reivindicar a cultura común de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa botando man das novas canles de comunicacións e poñendo o foco na mocidade, presenta esta semana en Madrid o seu modelo de boas prácticas arredor do patrimonio cultural material, modelo recoñecido pola UNESCO. Poderá verse de xeito presencial no auditorio do Museo Nacional de Antropoloxía. Participará unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial.
O acto terá lugar no auditorio do museo o sábado 28 ás 12 do mediodía e para asistir en persoa é preciso reservar a través da conta de correo reservas.mna@cultura.gob.es. O programa mostrará ao público a fórmula de Ponte… nas ondas!, unha fórmula que a asociación galego-portuguesa resume deste xeito: educación, máis comunicación, máis patrimonio máis TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Nel participará alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! Previamente.
Alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas serán as encargadas de conducir a parte do acto en formato radiovisual como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participará un grupo de música tradicional de 7 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e cavaquiños) que interpretarán temas do repertorio tradicional galego-portugués. Pola súa banda, a artista e ilustradora Lara Lars participa coa realización dun cartel para o acto e será entrevistada para que conte a su experiencia coa radio escolar no seu centro participante en PNO! e as súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.
O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, levará ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto Cordas históricas e interpretará en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa.
O realizador Roi Grandío será o encargado da gravación dunha peza audiovisual e tamén contará o seu paso por Ponte…nas ondas! como alumno en secundaria. Tamén será entrevistado polas alumnas o director do museo, Fernando Sáez Lara, quen fará un percorrido pola traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 e preto xa do seu 150 aniversario.
Un modelo de ensinanza referente
O programa Ponte… nas ondas!, impulsado pola asociación cultural e pedagóxica co mesmo nome que coordina o profesor Santiago Veloso, naceu hai 27 anos nos centros educativos do sur de Pontevedra e do Alto Minho e desde entón non deixou de medrar co obxectivo de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial na fronteira portuguesa-galega mediante a creación de espazos nos que o patrimonio pode practicarse e transmitirse ás xeracións máis novas.
O proxecto é unha iniciativa transfronteiriza que promove o intercambio lingüístico entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ten o apoio tamén da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura), de cuxa colaboración teñen abrollado iniciativas como o Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) ou outras iniciativas que poñen o foco nas novas ferramentas dixitais.
Debido ao seu labor, no ano 2022 o proxecto Ponte…nas Ondas! foi inscrito no Rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?