Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Deputación da Coruña alíanse para analizar o impacto da IA na sociedade actual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Deputación da Coruña alíanse para analizar o impacto da IA na sociedade actual

S. P.
Publicado: 24/10/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

curso_deputacion_coruna_ragc_intelixencia_artificial_1.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña organizan, ao longo desta semana, como vimos anunciando dende Código Cero dende mediados de outubro o Curso de Intelixencia Artificial: a electricidade do século XXI, que inclúe diversas actividades formativas coordinadas por Senén Barra e destinadas a analizar o impacto da IA na sociedade e a súa aplicación en diferentes ámbitos como o emprego, a industria, a saúde ou a educación. A presentación oficial deste curso celebrouse este luns 23 de outubro, en Santiago de Compostela. Participaron Alicia Estévez Toranzo, da Real Academia Galega de Ciencias, e Senén Barro Ameneiro, coordinador do curso e membro da Real Academia Galega de Ciencias e do CiTIUS. Tamén interveu o voceiro do Goberno provincial, Bernardo Fernández.
O curso celébrase este luns e martes (23 e 24 de outubro) na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela; o mércores trasládase ao Salón de actos do Campus de Ferrol, e o xoves realizará a súa xornada de clausura no Kiosco Alfonso de A Coruña.
A programación iniciouse este luns na sede de Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela, coa temática Do laboratorio á sociedade. Nesta primeira xornada abordáronse as orixes e a evolución da IA, cunha charla a cargo de Alberto Bugarín Diz, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e investigador do CiTIUS; a IA e o seu impacto na sociedade desde a perspectiva europea, a cargo de Isabelle Hupont Torres, oficial científica no Centro Común de Investigación a Comisión Europea; e a investigación dos mercados por parte das IAs, a cargo de Alejandro Ramos Soto, cofundador e director científico de InVerbis Analytics.
curso_intelixencia_artificial_deputacion_coruna_ragc.jpgA xornada do martes, celebrada tamén na Sede de Confederación de Empresarios de Galicia, basearase na Intelixencia Artificial na nosa vida, e estará presentada por Alicia Estévez Toranzo, da Real Academia Galega de Ciencias, José Manuel Chao Ardao, de Plexus Tech e Senén Barro Ameneiro, da Real Academia Galega de Ciencias e do CiTIUS.
Abrirá o ciclo de exposicións Pablo Gamallo Otero, profesor titular da Área de Lingüística Xeral e investigador do CiTIUS-USC, falando das tecnoloxías lingüísticas e o Proxecto Nós. A continuación María José Carreira Nouche, profesora titular da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CiTIUS-USC explorará a intervención da IA no eido da saúde; e para rematar, Luis Alberto Otero González, catedrático da Área de Economía Financeira e Contabilidade da USC, relatará a relación entre as tecnoloxías intelixentes e o emprego.
O mércores o Curso de Intelixencia Artificial trasládase á cidade de Ferrol para falar da Intelixencia Artificial nas organizacións. Estarán presentando a xornada Minia Manteiga Outeiro, da Real Academia Galega de Ciencias, María Jesús Movilla Fernández e Ana Isabel Ares Pernas, da Universidade da Coruña e Senén Barro Ameneiro, da Real Academia Galega de Ciencias e do CiTius.
A primeira intervención correrá a cargo de Richard J. Duro Fernández, catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña, que falará de Os retos da robótica realmente intelixente. A segunda charla será impartida por Cristina Abada Salinas, directora de Negocio de Sistemas de Navantia e Pablo Fariñas Alvariño, director do Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, que relatarán a aplicación da IA ao sector da construción naval. Rematará a xornada Francisco Javier Bellas Bouza, catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, explicando a relación entre educación e a IA, así como tamén as súas aplicacións.
Por último, o xoves o curso trasládase á Coruña, co Kiosco Alfonso como sede. O tema da xornada serán as ferramentas intelixentes fiables e sustentables e estará presentada por José Ramón Cancelo de la Torre, da Real Academia Galega de Ciencias, Nereida M. Canosa Domínguez, do Concello da Coruña e Senén Barro Ameneiro, da Real Academia Galega de Ciencias e do CiTIUS.
Neste último día as exposicións comezarán con Verónica Bolón Canedo, profesora titular da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC, discernindo a súa visión sobre a IA verde cara un futuro sustentable. A continuación será a quenda para Luis de Salvador Carrasco, director da División de Innovación Tecnológica da Agencia Española de Protección de Datos, que falará da IA desde a perspectiva da regulación de protección de datos. A terceira das intervencións correrá a cargo de Carlos Francisco Ruíz de Toledo Rodríguez, da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, que comentará diferentes aspectos da Agencia Estatal de Supervisión de la IA (AESIA). Por último, pechará as intervencións Julián Cerviño Iglesias, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que expoñerá os diferentes pasos a seguir para regular a intelixencia artificial.
Ao remate de cada un dos días realizarase un debate de media hora, no que se poderán expoñer os diferentes puntos de vista e onde se poderán formular diferentes dúbidas sobre os temas a tratar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?