Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae brinda en novembro a 2ª edición dun curso que explora as posibilidades do sistema Git
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae brinda en novembro a 2ª edición dun curso que explora as posibilidades do sistema Git

S. P.
Publicado: 25/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

git_coding_vitae_2.jpgA consultora tecnolóxica Vitae Consultores vai organizar este mes de novembro a segunda edición do curso sobre Git, Control de Código Compartido. Celebrarase os días 20, 22, 27 e 29 de novembro de 2023 e inclúe 12 horas de formación.
En termos xerais, o curso móstranos como mellorar o control e a xestión do código nuns tempos, os actuais, nos que proliferan diferentes documentos coa información dos nosos programas e ferramentas, documentos que logo son sometidos a cambios diarios, revisións, aprobacións ou mesmo procesos de volta atrás.
Ante este panorama de múltiples participantes cada vez máis deslocalizados xorde precisamente este curso, que porá o foco nas posibilidades do sistema Git, que permite optimizar a xestión “e moito máis”, segundo explican fontes de Vitae, que tamén centrará os contidos do curso na capacidade de servizos como GitHub ou GitLab, e en fluxos de traballo estándar como GitFlow.
Que é Git?
git_coding_vitae.jpg Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas. Emprégase principalmente no desenvolvemento de software, pero tameń para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido, manter a integridade dos datos, e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais.
Foi creado por Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux.
Obxectivos do curso
-Comprender os fundamentos do sistema de control de código compartido Git.
-Dominar os comandos básicos para traballo individual e en equipo.
-Coñecer os workflows máis utilizados en proxectos profesionais.
-Distinguir as capacidades das distintas plataformas de servizos.
Máis datos do curso
O curso contará con 12 horas lectivas e desenvolverase a través da Aula Virtual de Vitae Consultores con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta. Celebrarase como dixemos os días 20, 22, 27 e 29 de novembro de 2023, en horario de 16.00 a 19.00 horas.
O formador
git_vitae.jpg A persoa encargada de impartir os contidos será Jorge González, enxeñeiro técnico Industrial na especialidade de Electrónica, con 22 anos de experiencia como analista programador e máis de 14 anos de experiencia como formador de tecnoloxías web e de mobilidade. As tecnoloxías que domina Jorge son HTML5, PHP, JavaScript, FLEX, Backbone, Angular, IONIC, Symfony, Drupal, WordPress, Flex, Flash, Animate, Phonegap, etc…
A súa faceta de formador estivo sempre ligada á súa experiencia profesional. Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou atópanse Google, LinkedIn, FC Barcelona, La Caixa, Nike, Cola Cao, Pronovias, Volkswagen, Capgemini, Grupo Antolín, Gas Natural, Indra, Deloitte, La Voz de Galicia, Plexus, Disashop, Softtek ou Teimas, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?