Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a USC convocan o X Concurso de fotografía A Ciencia en imaxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a USC convocan o X Concurso de fotografía A Ciencia en imaxe

S. P.
Publicado: 26/10/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Imaxe da USC de Santi Alvite
Imaxe da USC de Santi Alvite
Con motivo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocan a décima edición do Concurso A Ciencia en imaxe, un certame encamiñado á comunidade universitaria da Universidade de Santiago.
Indo ao concurso, dicir que nel se premiarán fotografías divulgativas de calquera contido relacionado coas Ciencias: conceptos fundamentais, persoal científico, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, temas de investigación… Asemade, nesta edición engádese unha nova categoría de carteis divulgativos que leva o nome de Domingo Fontán.
A autoría das instantáneas debe ser individual, mentres que a dos carteis pode ser individual ou grupal. Poderán concederse ata dous premios por categoría, un primeiro galardón de 200 euros e un segundo de 100 €. O xurado poderá conceder unha ou máis mencións de honra.
O prazo para inscribirse no concurso estará aberto ata o 8 de novembro. O rexistro é gratuíto, para o que cómpre enviar o formulario de inscrición (que se pode descargar da páxina web da USC, onde tamén se poden consultar as bases) e o arquivo coa fotografía ou cartel divulgativo ao enderezo de correo matematicas.acienciaenimaxe@usc.gal. No asunto indicarase: A Ciencia en imaxe: fotografía ou A Ciencia en imaxe: cartel, segundo a categoría na que se participe.
Cada participante poderá presentar unha única achega en cada categoría, dixitalizada e realizada con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil. As contribucións deben ser orixinais, inéditas (non publicadas en ningún medio de comunicación, mesmo dixital), non presentadas en edicións anteriores deste certame e non premiadas noutros concursos. Cada obra deberá acompañarse dun título e pode incluír un breve comentario ou reflexión.
As fotografías deben presentarse en formato JPG e ter un máximo de 5 MB, non poderán ser retocadas electronicamente e tampouco se admiten fotomontaxes. No caso do carteis, poderán realizarse en papel ou en formato dixital. De facerse en papel, deberán estar dixitalizados, e poderán conter fotografías ou elementos gráficos de autoría propia ou de terceiros, sempre que dispoñan dos dereitos correspondentes para a súa utilización.
Os premios entregaranse o 14 de novembro no acto de celebración do patrón das Ciencias, San Alberte Magno, na Aula Magna da facultade de Matemáticas. O fallo do xurado publicarase no Taboleiro Electrónico da USC e na páxina web da facultade de Matemáticas.
O xurado do concurso de fotografía estará composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras, xunto a un membro da Real Academia Galega de Ciencias, e podería contar coa asesoría dunha persoa experta en imaxe. Tamén será membro do xurado a decana da facultade de Matemáticas, que actuará como presidenta.
Na modalidade de Carteis Domingo Fontán, o xurado estará composto por estudantado de cada un dos centros organizadores e unha representación da RAGC, baixo a presidencia da decana de Matemáticas. Para valorar as obras presentadas, os xurados terán en conta a orixinalidade das propostas, a súa estética, capacidade comunicativa, calidade e adecuación á temática do concurso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?