Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnado da UVigo deseña un videoxogo inspirado nunha serie mexicana: Atrapada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnado da UVigo deseña un videoxogo inspirado nunha serie mexicana: Atrapada

S. P.
Publicado: 26/10/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atrapada_videoxogo_uvigo_pocomtecart1.jpgVolven os obradoiros creativos do grupo de innovación docente ComTecArt que, para aproximar o alumnado aos procesos de traballo na industria do videoxogo, promove desde o ano 2017 unha experiencia na que estudantes da Facultade de Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación traballan conxuntamente no deseño e desenvolvemento da primeira fase dun videoxogo, no marco da súa formación en diferentes materias.
Despois de que nas anteriores edicións esta iniciativa tivese como punto de partida diferentes obras de autores e autoras galegos, desta volta o proxecto de videoxogo no que traballa o alumnado ten como punto de partida un capítulo da serie mexicana Atrapada. Tratase dun drama policial que tivo entre os seus guionistas a Daniel Govantes, quen este mércores coñecía por vídeo-conferencia o concepto de xogo no que traballan os oito alumnos e alumnas que participan nesta actividade.
“Queríamos experimentar cun produto de televisión”, sinala a profesora Beatriz Legerén respecto da proposta escollida para levar a cabo unha experiencia de innovación docente na que traballan conxuntamente, en sesións semanais que se desenvolven de xeito virtual a través de Campus Remoto, estudantes dos graos en Comunicación Audiovisual e en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.
Contouse polo tanto coa participación do guionista e profesor universitario Daniel Govantes, que forma parte do grupo de investigación V-NTC (Videoxogos, Narrativa, Persuasión e Creatividade), que coordina esta profesora da Facultade de Comunicación. De feito, Govantes cedeu para o proxecto a escaleta dun dos guións que realizou para Atrapada, serie protagonizada por unha muller nova que se converte en ladroa para recuperar á súa familia. “Trátase dunha serie que non se emitiu en España, polo que a idea era que lendo isto, extraesen material para facer un xogo”, explicou Legerén.
Tras semanas de traballo, o alumnado participante na iniciativa que, xunto a Legerén, levan a cabo os profesores Antonio Pena, Enrique Costa e Luis Fernández, presentou nesta xornada a súa proposta de videoxogo a Govantes. Trátase, como explicaron, de Miau Light, “un xogo de sixilo e aventura”, que ten como protagonista unha nena “que se ve envolta nunha grande explosión causada polo enfrontamento entre dous carteis mexicanos”, tras a que se atopa nun “mundo escuro” no que vai sendo guiada “por un misterioso gato”.
Aínda que traballan nun único equipo, o alumnado de Comunicación Audiovisual encargase “do guión do xogo e da xestión do proxecto”, como explica Legerén, mentres que o da EE de Telecomunicación “céntrase na parte máis técnica”. O resultado final será un primeiro nivel ou unha demo do xogo, que en decembro presentarán tanto aos docentes responsables desta iniciativa como a profesionais da industria, así como a través da canle de Twitch de ComTecArt.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?