Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 3º informe do Observatorio Stop Machitroles confirma que a contorna virtual non é segura para as mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 3º informe do Observatorio Stop Machitroles confirma que a contorna virtual non é segura para as mulleres

S. P.
Publicado: 26/10/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_stop_machistroles_observatorio3.jpgA Cátedra de Feminismos 4.0 que impulsan a Deputación de Pontevedra e a UVigo presentaron o terceiro informe do Observatorio Stop Machitroles, unha nova investigación que constata que a contorna virtual non é segura para as mulleres e as nenas e que amosa que os ataques en liña contra elas son cada vez “máis visibles e coordinados, máis sofisticados, daniños e perigosos”. O novo estudo, presentado este xoves 26 de outubro e elaborado ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0, puxo o foco en analizar novas de prensa relacionadas coa prevalencia da violencia machista dixital e cos diferentes tipos de machismo, a través da análise dos contidos publicados nos xornais galegos.
“Os resultados”, explicaron as responsables do Observatorio na presentación, “amosan como a fenda dixital de xénero representa a nova faciana da desigualdade” e “permiten observar un retroceso patriarcal, pois mulleres e nenas sofren unha violencia en liña que é distinta entre homes e mulleres e inclúe discurso de odio misóxino, ameazas ou violencia física ou sexual, acoso en liña, doxing, vixilancia electrónica selectiva, coacción e mesmo exposición non consentida de imaxes”.
Na presentación participou a directora da Unidade de Igualdade e responsable da cátedra, Águeda Gómez, quen dixo que “queremos contribuír á toma de conciencia sobre a complexidade da violencia en liña sobre as mulleres e as súas consecuencias”. Unhas consecuencias, engadía, que van máis aló da contorna virtual, impactando de múltiples xeitos, e xerando vergoña, ansiedade, impotencia, coraxe, culpa, perda de confianza en si mesmas e, nos casos máis severos podendo afectar á saúde mental e desencadeando ataques contra a súa propia vida.
Respecto do período analizado, Gómez explicou que esta ano rexistráronse máis novas ca no anterior, 315 fronte a 245, e foi un período marcado por dous fitos informativos: o caso Rubiales e as múltiples reaccións ao mesmo que derivaron no SeAcabó e o caso das fotografías de menores manipuladas con Intelixencia Artificial en Almendralejo, que “tivo moito impacto na opinión pública ao evidenciar os perigos potenciais das novas tecnoloxías”.
uvigo_stop_machistroles_observatorio1.jpgNo acto tamén participou a xefa do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Lucía Muradas, que agradeceu o “traballo rigoroso” realizado polo Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0 e a implicación das dúas institucións impulsoras da cátedra.
Para levar a cabo o informe empregáronse como fonte 315 novas sobre esta temática publicadas entre novembro de 2022 e setembro de 2023 polos xornais galegos, contrastadas co medio estatal máis lido, El País, e establecéronse varias categorías en relación coas tipoloxías do acoso: violencia dixital por razón de sexo e por razón de xénero (74,5% do total das novas), violencia dixital sobre as mulleres con presenza pública (10,2%), violencia machista dixital organizada ou manoesfera (8,9%), e o coñecido como Efecto Johny (1%), acuñado así tras o caso de Johnny Depp e Amber Herad e que consiste na denuncia do acosador cara a vítima por difamación.
“A análise destas novas”, explicou Águeda Gómez, “permitiu constatar que a violencia en liña que sofren as mulleres está relacionada coa violencia estrutural sexista e por razón de xénero e que a violencia en liña traspasa a virtualidade con consecuencias concretas e visibles nas vidas das mulleres que a sofren. Só coñecemos a punta do iceberg das violencias machistas dixitais, as noticias que máis aparecen na prensa teñen que ver coa violencia sexual e o bulling dixital escolar, pero atopamos moitas menos noticias sobre violencias machistas dixitais como a manosfera e contra mulleres con presenza pública. A violencia estética, a pesar de estar presente na axenda do discurso feminista, non aparece reflectida na presenza mediática de maneira equiparable”.
De xeito paralelo á presentación deste terceiro informe, a Asociación Xornalistas Galegas tamén deu a coñecer o estudo Os medios como (re)produtores de ciberviolencia simbólica, elaborado a partir dos datos recollidos polo observatorio. Como subliñaba Marga Tojo, vogal da entidade, “os medios de comunicación participan na produción e na reprodución de ciberviolencias a través dos enfoques, das noticias que se escolle dar e non dar, etc. pero tamén poden exercer como axentes de cambio”. Neste sentido, lembrou que para “frear a onda de desinformación de xénero” é necesario ter en contra que esa desinformación “é lucrativa, xera 213 millóns de euros ao ano en ingresos publicitarios ao ano” arredor de contidos como, por exemplo, o mito das denuncias falsas. Fronte a isto, dende Xornalistas Galegas teñen elaborado unha serie de propostas, entre elas a implantación da figura da redactora xefa de xénero, ou editora ou correspondente de xénero, que se creou por primeira vez no New York Times no 2017 e que actualmente existe tamén en El País.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?