Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Corunna Innovate Summit prosegue este venres con diferentes aplicacións prácticas da IA na industria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Corunna Innovate Summit prosegue este venres con diferentes aplicacións prácticas da IA na industria

S. P.
Publicado: 27/10/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

corunna_innovate_summit_cidade_das_tic.jpgA empresa Data Spartan organiza esta semana (xoves e venres) o evento Corunna Innovate Summit, un congreso que se está a desenvolver no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, no que se afronta a revolución que supoñen a Intelixencia Artificial (IA), a ciencia de datos e Internet. Logo da inauguración do foro (este xoves a cargo do investigador Luis Muñoz-González, da empresa Telefónica, seguido de Natalia Elvira, responsable de produto na plataforma de etiquetado de datos Argilla) este 27 venres as xornadas comezaron con José Manuel Maseda Valle, socio fundador de Wapping, plataforma omnicanle de intelixencia para o sector retallista, quen falará de como transformar a experiencia do cliente a partir dos datos.
A continuación, Laura Pereira Mauri, responsable de Industria 4.0 en Inova, explicará aos asistentes como transformar un proceso de control de calidade industrial a partir da IA.
Despois dunha breve pausa, será a quenda de Bruno Cabado, do departamento de desenvolvemento de produto da firma galega Cinfo, coa súa presentación Alquimistas dixitais: transformando imaxes en ouro.
A continuación Lois Orosa, o director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), centrará a súa exposición na computación cuántica. Para rematar a xornada da mañá, Paco Nathan, socio director da empresa Derwen, Inc. impartirá unha conferencia sobre linguaxe, grafos e intelixencia artificial na industria.
Despois do xantar networking, ás 15:30h. Salman Hussain, co-fundador de Zeed, ilustrará aos asistentes sobre o uso da IA para resumen de datos financeiros, para dar paso a Amparo Alonso, catedrática de Informática e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña e investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC), que reflexionará sobre os mitos e realidades da IA.
A xornada da tarde rematará cunha presentación e visita á Cidade das TIC guiada por Roberto Pérez Rodríguez, director do Clúster TIC de Galicia.
O evento conta coa colaboración do Concello da Coruña, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, e o Cluster TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?