Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno levará Internet ultrarrápida a 1.034 familias e empresas de Foz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno levará Internet ultrarrápida a 1.034 familias e empresas de Foz

S. P.
Publicado: 08/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foz_isabel_rodriguez_banda_larga_plan_unico_cajoto.jpgA subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, reuniuse este mércores 8 de novembro co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, para avaliar en conxunto os avances en materia de conectividade tecnolóxica propiciados polo Goberno central no concello da Mariña, avances destinados a garantir o cen por cen de cobertura de alta velocidade na provincia de Lugo. De feito, o concello de Foz foi beneficiario das dúas convocatorias do Programa Único-Banda Larga o Executivo central cun total de 328.565,40 euros para achegar conexión de Internet ultrarrápida a 1.034 familias e empresas focenses.
Isabel Rodríguez dixo que coa execución de 288 proxectos no concello de Foz “garantimos que os veciños e veciñas dispoñan dunhas condicións estables e eficaces de conexión a Internet, fundamental na actualidade”. E engadiu: “O programa ten como obxectivo a igualdade en todo o territorio da provincia nun aspecto fundamental como é hoxe en día o acceso a internet e o uso das novas tecnoloxías tanto nos fogares como nos negocios”.
Tamén lembrou que esta edición do programa Único Banda Larga dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a universalizar a cobertura de Internet ultrarrápida vía fibra como “ferramenta de cohesión social no marco do Plan de Recuperación do Gobierno”. Entre as dúas convocatorias deste plan, o Goberno levará a tecnoloxía de conexión ultrarrápida a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
“Estas novas axudas permiten seguir avanzando coa despregadura das infraestruturas necesarias para garantir unha conectividade adecuada a toda a poboación da provincia co compromiso firme de que no 2025 todos os municipios lucenses estean conectados a internet por banda larga”, apuntou Isabel Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?