Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados en Trasalba os premios de oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados en Trasalba os premios de oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo

S. P.
Publicado: 14/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

podcast_premios_otero_pedrayo.jpgEste 10 de novembro entregáronse os I Premios de oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo, convocado pola Asociación de Amigos Otero Pedrayo co apoio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e da cooperativa Coren. O obxectivo deste certame, dirixido ao alumnado galego de entre 15 e 25 anos, é “incentivar o cultivo da expresión oral e da oratoria entre a mocidade ao tempo que se lles redescubre a figura de Otero Pedrayo, mestre nesta disciplina”.
O acto transcorreu na Casa Museo Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro, Ourense) e contou coa presenza do presidente da dita entidade, Eduardo López Pereira, e varios representantes da Asociación de Amigos Otero Pedrayo e da cooperativa Coren, así como as persoas premiadas. Tamén interveu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen felicitou os tres gañadores “polos seus coidados traballos que amosan o interese que a figura dun grande das nosas letras como Otero Pedrayo segue espertando nas xeracións máis novas”. Valentín García gabou o labor realizado polas entidades organizadoras e colaboradoras con esta iniciativa “que demostra que a lingua galega é unha lingua moderna e válida para as novas formas de comunicación, como é o caso dos podcast”.
O primeiro premio, composto por un computador portátil valorado en 2.000 euros, 500 euros en produtos Coren e outros 500 euros en metálico, recolleuno Raquel González Calvo polo seu traballo O mundo en feminino de Otero Pedrayo. O segundo galardón, dotado con 500 euros en produtos Coren, foi para Miguel Blanco por As sete Vacas de Tebra e, por último, o terceiro premio, consistente en 250 euros en produtos Coren, recibiuno Naihara Darriba, polo podcast Aturuxo.
O xurado valorou tamén moi positivamente o traballo colectivo Aprendendo sobre Otero Pedrayo, elaborado polo alumnado do IES Milladoiro, mais a peza non puido participar na fase final do concurso polo incumprimento das bases, que establecían unha participación individual.
Os podcast participantes debían versar preferentemente sobre temas ligados ao universo oteriano como o medio natural, a paisaxe, a sustentabilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral ou a tradición oral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?