
Indo ao miolo, o Centro Social de Dumbría acollerá este venres 17 de novembro a partir das 12 horas a primeira sesión do día, mentres que en Begonte a sesión terá lugar na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas. O coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da RAG Vicente Feijoo, impartirá ambas as charlas, que contan coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza na parte etimolóxica.
Engadir que Dumbría e Begonte comparten o feito de teren a súa microtoponimia sen recoller pois ningún destes municipios formou parte no seu día do Proxecto Toponimia de Galicia. Ademais, ata o momento as persoas colaboradoras incluíron só unhas ducias de topónimos en cada concello, polo que a Real Academia Galega convida a todas as persoas interesadas no patrimonio inmaterial toponímico a asistir a estas sesións e formar parte de Galicia Nomeada coas súas achegas.
Toponimízate, a campaña para a recolla de nomes de lugares, chega a Dumbría e Begonte
Compartir Este Artigo

