Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xunta e DIHGIGAL asinan un acordo para elaborar o mapa industrial de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xunta e DIHGIGAL asinan un acordo para elaborar o mapa industrial de Galicia

S. P.
Publicado: 17/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

161123_lorenzanaconveniodihgigal_3.jpgFoi esta semana cando tivo lugar a formalización do convenio de colaboración para elaborar o mapa industrial de Galicia, unha ferramenta prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para coñecer a realidade da industria galega e definir medidas de intervención. Na sinatura do dito convenio participaron a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e representantes da Asociación para a dixitalización da industria de Galicia, DIHGIGAL (Digital Innovation Hub Industrial de Galicia).
A consolidación deste acordo tradúcese nun investimento de 200.000 euros, DIHGIGAL comprométese a poñer en marcha varias actuacións en materia de planificación industrial para obter información a nivel sectorial, territorial e de solo dispoñible. Trátase de identificar as necesidades e demandas das empresas, buscar de xeito coordinado solucións eficientes para a mellora da competitividade e produtividade industrial; e crear unha rede de información e comunicación permanente entre as institucións públicas e a industria galega.
161123_lorenzanaconveniodihgigal_1.jpg Asemade, o convenio recolle a colaboración na definición de medidas para impulsar e fomentar ata un total de catro sectores industriais prioritarios, que serán seleccionados segundo os resultados do mapa ou atendendo á súa especial relevancia dentro da economía galega, en liña coa nova estratexia industrial prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas. Alén disto, contémplanse actuacións para dar a coñecer e difundir a promoción industrial, como é o caso da celebración de eventos e accións de dinamización.
Engadir que DIHGIGAl, que está integrada por unha ampla variedade de socios que representan o conxunto do tecido industrial galego desde diferentes ópticas de coñecemento (clústeres, centros tecnolóxicos, universidade e empresas) ten entre as súas finalidades promover unha visión estratéxica industrial a longo prazo para a mellora competitiva e o desenvolvemento sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?